Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: R lanza estrea campaña coa promesa dun futuro innovador para clientes de telecomunicacións de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

R lanza estrea campaña coa promesa dun futuro innovador para clientes de telecomunicacións de Galicia

S. P.
Publicado: 12/01/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

molaria_01.jpgA operadora galega R arrincou 2024 ao grande. Concretamente, fíxoo cunha nova campaña de publicidade destinada a “refrescar marca” e “atraer todos os públicos do mercado”. En especial, o segmento da mocidade. A campaña desenvólvese baixo o epígrafe R_voemos, un lema da que a empresa bota man para “inspirar a poboación galega cun futuro por crear onde, grazas ás telecomunicacións, todo é posible”.
A nova campaña pon o foco en mostrar imaxes imposibles e sorprendentes, ao tempo que “inspiradoras para a comunidade clientes”, como un humano cun filtro de cabalo que se pasea con dignidade pola urbe (para “dar que falar”), un colega de videoxogos que se conecta dende Orión, o receitario da avoa descargado na cachola dunha cociñeira moi moderna… ou unha nena cun casco de mil ollos para poder ver mil series e unha estupenda señora maior que plana en patinete sideral esquivando o tráfico.
“Con estas imaxes”, informa R, “pretendemos trasladar a mensaxe da importancia das telecomunicacións nese futuro onde, grazas á tecnoloxía, seremos quen de facer cousas que aínda non podemos nin imaxinar.” Tamén, engade a operadora, preséntase como un xeito de situar Galicia á vangarda do mundo en materia de innovación, o que, segundo explica R, foi sempre un obxectivo fundacional da empresa. A campaña tamén reforza os vencellos e o compromiso de R co territorio galego, onde levou a cabo importantes investimentos no desenvolvemento das novas redes de fibra e 5G.

Creatividade con Intelixencia Artificial pioneira en animación

molaria_02.jpg A empresa de telecomunicacións engade que “a nova campaña de R quere inspirar o público a ser creativo e orixinal, e descansa sobre valores como a frescura, a retranca, o desenfado e a diversión”. O seu lema Voemos, segundo apunta a compañía, convida a “soñar, crear e gozar” e a mensaxe principal busca “que as persoas imaxinen o futuro para poder crealo”. E faino con pezas gráficas e audiovisuais que debuxan escenas rompedoras, irónicas, humorísticas, reflexo dese mañá imaxinario. Para dar forma ao material que forma parte da campaña R apostou pola Intelixencia Artificial, de feito, a operadora salienta que “o anuncio da campaña é un dos primeiros do mundo realizado con IA que consegue este nivel de acabados, texturas e movementos de cámara”. Para iso utilizáronse diferentes ferramentas de xeración de imaxes como Midjourney, ademais de vídeo tradicional sobre o que a IA constrúe este universo.
Alfredo Ramos, director de R, explica que “a compañía naceu en Galicia en 1998, e dende entón a súa galeguidade innata camiñou ligada a valores como a innovación, o investimento en tecnoloxía e a aposta por servizos avanzados en resposta ás necesidades dos/das nosos/as clientes/as. Estamos moi orgullosos/as do logrado e queremos seguir medrando, ser aínda mellores e adaptarnos –como sempre fixemos, con creatividade e innovación– aos novos tempos. O lanzamento da nosa nova campaña de marca vincúlanos aínda máis coa actualidade e coas inquietudes dos/das nosos/as clientes/as galegos/as, a quen queremos ofrecer sempre a mellor tecnoloxía e os mellores servizos”.
Para a realización desta campaña e a súa creatividade R confiou na axencia galega Imaxe, reforzada pola produtora Vostok Films baixo a dirección do realizador Cloré. A vertente musical vén da man do músico coruñés Nano MZ, que enumera as xanelas ao futuro que propón R a ritmo de reguetón.
O lanzamento, este venres 12 de xaneiro, implicará a difusión de materiais audiovisuais e gráficos en radio, marquesiñas, online ou autobuses, ademais de contar con anuncios en TV e presenza na gran pantalla de cines autóctonos.


Vídeo da campaña

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?