Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Gaiás acolleu a presentación da plataforma galega para fomentar hábitos saudables: Sanidade Mediaverso
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Gaiás acolleu a presentación da plataforma galega para fomentar hábitos saudables: Sanidade Mediaverso

S. P.
Publicado: 12/01/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sanidade_mediaverso_plataforma.jpgA Cidade da Cultura acolleu este venres 12 de xaneiro a presentación da nova plataforma tecnolóxica Sanidade Mediaverso, coa que Xunta de Galicia promoverá os estilos de vida saudables entre a poboación galega. Na cita participou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, quen sinalou que a plataforma insírese no Plan Obesidade Zero e estrutúrase ao redor de catro grandes eixos que teñen por obxectivo contribuír ao mantemento dunha boa saúde entre os galegos e galegas. En concreto, a alimentación saudable, a realización de actividade física, o coidado do benestar emocional e a prevención de condutas aditivas.
Sanidade Mediaverso contén recursos dixitais, audiovisuais, aplicacións, xogos e programas de Realidade Aumentada e Virtual, nos que se achegan solucións para acadar un estado de saúde óptimo, e cuxas destinatarias son persoas de todas as idades.
Na compaña da directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán; o titular da carteira sanitaria da Xunta destacou o “carácter integral” da plataforma ao abordar o coidado da saúde desde diferentes perspectivas, que inciden no tanto no ámbito do benestar físico, como no do emocional”.
Pola súa banda, a subdirectora xeral de Programas de fomento de estilos de vida saudables, Silvia Suárez Luque; e o subdirector xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información da Consellería de Sanidade, Benigno Rosón; abordaron polo miúdo Sanidade Mediaverso e explicaron que a nova plataforma porá a disposición dos usuarios un planificador de comidas con menús equilibrados para oito semanas, e no que tamén se achegará a lista da compra necesaria, e as receitas para elaborar cadanseu menú. Amais, e co obxectivo de acadar “unha boa condición física e reducir o sedentarismo”, a plataforma contará coas aplicacións móbiles activAR-t e Camiña; vídeos con exercicios para realizar de xeito individual ou coa familia; a aplicación de RV EnMovemento, ademais de cursos formativos e consellos sobre a práctica do exercicio físico.
O terceiro dos piares nos que se sustenta a plataforma Sanidade Mediaverso é o benestar emocional, a saúde mental e o coidado do sono. Para isto, achegará diversos cursos con técnicas destinadas á redución do estres, pílulas audiovisuais de mindfulness ou recursos para levar a cabo unha xestión emocional axeitada.
Por último, e co ánimo de “reforzar a prevención sobre o consumo de substancias aditivas ou o tabaquismo”, a nova plataforma tecnolóxica da Xunta incluirá unidades didácticas para evitar o inicio do seu consumo, e tamén para axudar ao cesamento destes hábitos nocivos para a saúde.
Desenvovido pola UTE BiGXoia, Sanidade Mediaverso é un proxecto promovido pola Consellería de Sanidade, e financiado integramente con fondos europeos no marco do eixo REACT-UE do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?