Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Na Rede un traballo que documenta as estratexias de comunicación cifrada dos trobadores galego-portugueses
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Na Rede un traballo que documenta as estratexias de comunicación cifrada dos trobadores galego-portugueses

S. P.
Publicado: 15/01/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

O investigador Xabier Ron
O investigador Xabier Ron
O Grupo de Investigación de Románicas da Universidade de Santiago (USC) comezo o ano con importantes novidades relativas ao seu estudo da Idade Media. O doutor en Filoloxía Románica Xabier Ron Fernández vén de publicar na Rede un traballo centrado na influencia da oralidade nos relatos amorosos dos trobadores galego-portugueses. Esta monografía (editada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da dita Secretaría Xerla) representa a culminación de tres décadas de investigación do autor.
A cantiga como don
O investigador remarca o feito de “que na Idade Media todo era oral”, o que “repercutía na maneira de compoñer, de contar a historia e de divulgar as cancións por parte dos trobadores”, explica o investigador, engadindo que “os trobadores tiñan que realizar unha especie de peregrinación (coñecida como itinerarium ad Dominam) a través da cal debían amosar os seus valores corteses para seren dignos de recibir a aceptación da dona. Por iso, facer unha cantiga era entregarlle un don á señor, un don que se divulgaba de xeito oral, con acompañamento da música”.
Esta relación producíase entre partes desiguais da cadea social. Por este motivo, tal como sinala o experto, entre a señora e o servidor había un pacto ou xuramento de fidelidade con deberes e dereitos para ambos, unha cláusula de silencio que impregna as cantigas. “Ante a imposibilidade do trobador de declararlle o seu amor en público, esta relación tiña que ser confidencial, polo que nas súas cancións debe calar moitas cousas, encubrir, disimular, protexer á súa amada mediante unha serie de xogos poéticos. Ademais, establecíanse entre eles uns códigos descoñecidos para o resto como olladas, acenos, xestos… porque esta declaración de amor ocorre en público, ante un auditorio, que, por motivos sociais, non pode decatarse de quen é a verdadeira destinataria”, explica o investigador Xabier Ron.
Segundo engade, ata o de agora non existían traballos centrados neste aspecto. Xabier Ron analizou un total de 1197 cantigas de amor da lírica galego-portuguesa, das que finalmente seleccionou 471 textos de 101 trobadores diferentes para incorporar a este traballo. Afonda nas prácticas comunicativas empregadas para salvar o itinerarium ad Dominam, é dicir, para lograr a aceptación da dona de xeito confidencial e non poñer en perigo o segredo de amor. Indica tamén que “algunha destas prácticas adquire unha forma moi interesante, como a decisión da señor de consentir ou non que o servidor dea un paso adiante co seu trobar e permitirlle non só chamala ‘senhor’, senón tolerar que el lle diga que ‘quere ben’ dela. Este consentimento convértese nun don moi prezado que recompensa o servizo de amor pero aparece oculto mediante o emprego de estratexias de comunicación cifrada nunha gran cantidade de cantigas de amor e mesmo de amigo”.
O autor apoiouse na historia e na antropoloxía para contrastar a información literaria que achegan as cantigas. Conseguiu demostrar así que a realidade histórica da época -en particular o tipo de feudalismo e a estrutrura da sociedade que había en Galicia e no norte de Portugal- influíu moito nestas composicións poéticas. No seu estudo inclúe táboas recompilatorias e esquemas que facilitan o seguimento dos diferentes argumentos. Figuran todos os autores estudados, as cantigas acompañadas dunha síntese dos motivos amorosos e un repertorio cos fragmentos máis significativos dos 471 textos analizados.
O traballo está accesible na libraría institucional en liña da Xunta de Galicia e na páxina web do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?