Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Competición de Robots da EE Industrial regresará en abril cargada de novidades
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Competición de Robots da EE Industrial regresará en abril cargada de novidades

S. P.
Publicado: 16/01/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_competicion_robots7.jpgTralos éxitos de participación e repercusión da pasada edición en abril de 2023, volve esta primeira a Competición de Robots que organiza a Escola de Enxeñería Industrial (Campus de Vigo). Será o vindeiro 19 de abril. O evento virá con varias novidades que farán “máis atractivo o concurso”, segundo apuntou a Escola, salientando a estrea de novos tapices para as probas e un kit mellorado para montaxe dos autómatas. O prazo de inscrición abre este martes 16 e estará aberto todo o mes.
A competición dividirase novamente en dúas categorías, BE-Robot para estudantes de ESO e bacharelato e DeMO-Robot para alumnado de ensino superior, tanto ciclos de formación profesional como de graos universitarios. En cada unha delas, e partindo dun kit básico, os equipos deberán montar e programar un robot móbil co que participarán nunha serie de probas e retos. A finalidade deste evento, que no curso pasado reuniu máis de 600 mozos e mozas das catro provincias galegas, é que “as e os participantes se familiaricen de forma simple, práctica e divertida coa robótic”a. Ao tempo, búscase achegar a Universidade ao alumnado do ensino pre-universitario e dar a coñecer as titulacións que se imparten na Escola de Enxeñería Industrial, fomentando o interese do alumnado polas disciplinas STEM, especialmente co eido da enxeñaría.
Sobre as novidades desta edición, o director da EEI, Juan Pardo, destaca o feito de poder contar cun kit mellorado, o mBot 2, “un robot educativo de última xeración impulsado por CyberPi, un microcontrolador educativo mellorado con capacidades de conexión en rede, sensores integrados, etc.” Por outra banda, Pardo salienta que o feito de contar con novos tapices para as probas “implicará tamén modificacións nos percorridos e obstáculos, aínda que os nomes e plantexamento das probas sexan os mesmos”. Por exemplo, na categoría DEMO_Robot a proba de rastrexo, que antes tiña un trazado como o de Montmeló, agora terá “un circuíto propio”, mentres que o labirinto desta edición será diferente, aínda que coa mesma filosofía.
Na categoría BE-Robot poderá participar o alumnado matriculado durante este curso na ensinanza secundaria e bacharelato divididos en equipos de entre catro e seis membros, coordinados por un profesor titor. A competición comprende dúas probas, Sigue-línea “marchoso” e Velódromo “mareante”. Na primeira os robots deberán dar unha volta completa ao circuíto o máis rápido posible evitando todos os obstáculos, mentres que na segunda terán que completar un número de voltas no menor tempo posible a un recinto circular.
Para o alumnado matriculado durante este curso en calquera titulación superior, tanto ciclos de como titulacións universitarias a organización deseñou a categoría DeMO-Robot. Nela, equipos de ata seis membros ou ben participantes individuais deberán completar catro probas, tres delas individuais e unha colectiva, o tradicional combate de sumo entre robots.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?