Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Entregados no CESGA os premios aos mellores TFM do Mestrado de Altas Prestacións da UDC e a USC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Entregados no CESGA os premios aos mellores TFM do Mestrado de Altas Prestacións da UDC e a USC

S. P.
Publicado: 16/01/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

premios_tfm_altas_prestacions_web.jpgO pasado 10 de xaneiro celebrouse na sede do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), no Campus Sur de Santiago, a entrega de premios aos mellores Traballos de Fin de Mestrado (TFM) do Mestrado Interuniversitario en Computación de Altas Prestacións (Universidade da Coruña) na súa edición 2022/2023.
Foron concedidos ao alumno Daniel del Castillo de la Rosa polo seu traballo con título Implementación paralela do algoritmo HSI-MSER para ou rexistro de imaxes hiperespectrais dirixido por Álvaro Ordóñez Iglesias, Dora Blanco Heras e Francisco Argüello Pedreira; e ao alumno Xico Fernández Lozano polo seu traballo con título Análise Distribuída de Datos Sobre a Marcha para Simulacións Numéricas baseado en Ray dirixido por Emilio José Padrón González.
O Mestrado Interuniversitario en Computación de Altas Prestacións é un master impartido conxuntamente pola UDC e a USC, coa colaboración de CESGA, cuxo obxectivo é “dar unha formación profunda e detallada acerca das diferentes tecnoloxías empregadas na área da Computación de Altas Prestacións a futuros profesionais e investigadores do eido”. Esta área, segundo lembran as ditas universidades, atópase en auxe nos últimos anos “grazas ao continuo aumento de investimento tanto público como privado para o desenvolvemento de sistemas cada vez máis potentes e con menor custo enerxético”.
A docencia deste mestrado segue un modelo híbrido, que permite aos alumnos seguir as clases de maneira presencial na aula ou ben de forma en liña mediante plataformas de vídeo-conferencia. A docencia recibida polos alumnos é de alta calidade, impartida polos 24 profesores da UDC ou a USC, todos asociados ben ao CITIC (A Coruña) ou ao CiTiUS (Santiago de Compostela) e con extensa bagaxe investigadora no ámbito da Computación de Altas Prestacións. Ademais, o master pódese cursar completamente en inglés, polo “que ten unha gran proxección internacional”, engaden dende as universidades de Santiago e A Coruña, lembrando que a calidade desta contribución formativo permitiulle recibir a finais de 2022 o Selo de Excelencia da Xunta de Galicia, o que implicou unha dotación económica que permitirá continuar co crecemento do título. Entre as diferentes accións convocáronse dous premios aos mellores Traballos Fin de Máster (TFM). Presentáronse ao devandito premio 6 dos 12 alumnos que concluíron o mestrado durante o curso 2022/23, e tiveron que presentar o seu traballo diante dun tribunal de marcado carácter internacional, que incluía non só a un membro do CESGA senón tamén a un profesor da Cergy Paris Université (Francia) e a un investigador do Jülich Supercomputing Center (Alemaña).
O Mestrado en Computación de Altas Prestacións pon o foco no que se coñece como High Performance Computing (HPC), que é a Computación de Altas Prestacións. A HPC está relacionada con temas tan de moda como os procesadores multinúcleo (antigamente específicos de grandes equipos informáticos, pero hoxe en día presentes en PC, tabletas ou teléfonos móbiles), a computación na nube (cloud computing) ou a análise da información a gran escala, o chamado Big Data. Neste mestrado colaboran empresas multinacionais tan importantes como IBM, HP, Atos, Fujitsu, AMD, Amazon Web Services ou Gompute, así como o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.
Ademais, existe un convenio de título duplo coa École d”Ingénierus – Mathématiques – Informatique polo que un alumno pode obter de forma simultánea o Grado en Enxeñería Informática pola EISTI e o Mestrado en Computación de Altas Prestacións pola UDC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?