Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Colexio Santiago Apóstolo acolle unha xornada sobre saúde e tecnoloxías
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Colexio Santiago Apóstolo acolle unha xornada sobre saúde e tecnoloxías

S. P.
Publicado: 17/01/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

medrar_no_mundo_dixital_ecoloxistas_accion_santiago_apostolo_ceip.jpgA ANPA do Colexio Santiago Apóstolo en colaboración coa Plataforma Adolescentes Sen Smartphones e Ecoloxistas en Acción, organiza no devandito centro educativo compostelán, este xoves 16 de xaneiro ás 17:30, un acto de presentación dunha guía para nais, pais e docentes sobre o uso de medios dixitais, dentro do debate actual sobre a súa presenza no medio escolar e familiar.
Presentarán as alertas científicas e expertas sobre as problemáticas do proceso hiperdixitalizador da educación e da sociedade nos eidos da saúde, aprendizaxe, ambiental e social.
Esta presentación e debate, auspiciada por nais e pais, docentes e ecoloxistas pretenden abrir unha reflexión na comunidade educativa sobre o que a organización da xornada cualifica de “revolución dixital publicitada como verde, inocua, inmaterial, sostible e imprescindible”, na liña xa iniciada en diferentes centros de ensino (en Sanxenxo, Vilagarcia, O Grove e Vigo) a petición de sus equipos directivos.
Contan como relatores a Xulio Carmona, coordinador da área de dixitalización e contaminación electromagnética de Ecoloxistas en Acción, e de Menchu Outón, veterana docente da escola pública, ambos dentro da autoría colectiva da guía escolar sobre usos dixitais que repartirán aos asistentes.
No debate falarán dos problemas derivados dun uso non controlado das novas ferramentas e dunha dixitalización precoz, problemas asociados a alteracións da saúde mental e física.
Abordarán igualmente a “presencia importante” en “idades temperás” de condutas aditivas relacionadas coas TIC e darán voz ás persoas expertas que alertan e denuncian tácticas adictóxenas deliberadas e profusamente aplicadas pola industria dixital. “Afondaremos en tácticas como as que figuran nas denuncias actuais de fiscais de 42 estados distintos de Norte América a META (Facebook, Instagram), por poñer en risco a saúde mental de nenas, nenos e rapazada, de forma premeditada”, sinala a organización, engadindo que tamén “daremos visibilidade aos inasumibles custes das tecnoloxías dixitais pola súa pegada ambiental e climática e pola perda de privacidade e o control social, como a denunciada por organizacións de dereitos humanos pola captación xeneralizada de datos do alumnado”.
Mostrarán exemplos das diferentes medidas proteccionistas que se están levando na actualidade para evitar a distracción dixital e mellorar a atención na aula, así como das distintas experiencias de nais e pais cara a evitar a presión social dunha introdución precoz e ‘disruptiva’ da tecnoloxía dixital en menores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?