Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia e PuntoGal asinan un convenio de colaboración
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia e PuntoGal asinan un convenio de colaboración

S. P.
Publicado: 17/01/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

puntogal-5.jpgO Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) e a asociación cultural PuntoGal, impulsora do dominio galego, asinaron un convenio marco de colaboración para levar a cabo actividades de xeito conxunto. O acordo inclúe a posta a disposición dos socios do colexio descontos á hora de obter un dominio .gal. O documento foi asinado polo presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, e o presidente de PuntoGal, Manuel González González. “Con este acordo”, sinalaron, “retómanse as relacións para o desenvolvemento de actividades e proxectos en forma conxunta en todo tipo de asuntos que resulten de interese para ambas as entidades sexan cursos e formacións, eventos, colaboracións ou publicacións”.
En palabras de Darío Janeiro, director xeral de PuntoGal, “este convenio formaliza unha relación xa existente: o Colexio formou parte das entidades que apoiaron para a consecución do dominio dende a súa orixe, e foi unha das 93 entidades pioneiras en ter un dominio .gal” comentou Janeiro, que ademais mencionou que “xa temos dado o noso apoio a algunha edición das noites da Enxeñaría en Informática de Galicia, e a outros actos organizados polo CPEIG, como o Día das Rapazas nas TIC”. A sinatura deste convenio marco fará máis doado “profundar na nosa relación e colaboración”, engadiu Janeiro.
Pola súa banda, Fernando Suárez Lorenzo manifestou que Internet ofrece “unha plataforma única e sen precedentes para a difusión e enriquecemento da lingua e cultura galegas, permitindo conectar comunidades, preservar tradicións e fomentar a innovación e creatividade na nosa lingua”. E engadiu: “Desde a creación do CPEIG, apostamos pola promoción e a difusión de contidos dixitais en lingua galega, así como pola unión de esforzos e a colaboración como panca para maximizar os éxitos de todas as nosas actividades. Esta colaboración non é senón unha mostra deste espírito colaborativo da nosa profesión”, engade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?