Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A IA como ferramenta de traballo da comunidade investigadora centra unha xornada da USC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A IA como ferramenta de traballo da comunidade investigadora centra unha xornada da USC

S. P.
Publicado: 18/01/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

facultade_ciencias_da_comunicacion_25.jpgMostrar as posibilidades das novas ferramentas para facilitar o traballo investigador. Este é un dos grandes obxectivos da xornada de innovación e transferencia Como impulsar os resultados de investigación a través da IA, que se celebra este 24 de xaneiro na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC de 12.30 a 15.00 horas. A inscrición pode formalizarse a través dun formulario en liña ata o 22 de xaneiro. O obxectivo concreto da sesión é “identificar oportunidades e impulsar os resultados de investigación a través da Intelixencia Artificial”.
Carles Sierra, director do Instituto de Investigación en Intelixencia Artificial do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e da Universidade Autónoma de Barcelona; María José Carreira, investigadora do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS) e Antonio Artés Rodriguez, socio fundador de EB2, spin-off da Universidade Carlos III de Madrid serán os relatores nesta xornada.
Co programa búscase fomentar a hibridación de resultados de investigación, poñendo o foco na área de Ciencias Sociais e Humanidades coa Intelixencia Artificial. Así, o obxectivo deste encontro é coñecer casos de éxito que sexan exemplos desta hibridación e, por outra parte, fomentar a colaboración entre diferentes equipos de investigación da USC.
Está dirixida principalmente a persoal investigador dos diferentes centros de investigación en Ciencias Sociais, Humanidades e de Intelixencia Artificial da USC. Ademais, as persoas participantes que así o desexen terán a oportunidade de presentar os seus proxectos en formato elevator pitch.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?