Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha parte da mocidade desconfía das materias STEM, segundo un estudo da USC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha parte da mocidade desconfía das materias STEM, segundo un estudo da USC

S. P.
Publicado: 18/01/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Estudante empregando un teléfono móbil nunha imaxe de Santi Alvite (USC)
Estudante empregando un teléfono móbil nunha imaxe de Santi Alvite (USC)
A xente de idade ve con mellores ollos a investigación científico-tecnolóxica que a mocidade e isto reflíctese polo miúdo nos seus hábitos de comunicación: os sitios web que buscan e consultan, os comentarios que deixan, etc. Esta é unha das conclusións dun estudo da USC e da Universidade Carlos III de Madrid (UC3M), no que se analizou os hábitos da cidadanía en España durante a pandemia da COVID-19 en materia informativa e a súa percepción sobre o papel de xornalistas, medios, comunidade científica e autoridades gobernamentais e sanitarias.
O estudo asinado polos profesores da USC Alberto Quian e Xosé Soengas, xunto a Carlos Elías da UC3M, conclúe, entre outras cuestións, que a mocidade confía menos na ciencia que a xente de maior idade. En concreto, un 72,6% das persoas de entre 18 e 24 anos está de acordo con que a ciencia busca a verdade e a fai pública, fronte a un 90,2% de persoas adultas de máis de 65 anos que apoia esta afirmación.
Na investigación tamén se fai saber que a porcentaxe de mocidade desta mesma idade que cre que a ciencia é un perigo para a humanidade “case triplica a quen sostén esta opinión entre os máis maiores”.
Os resultados do estudo, publicado recentemente na revista Profesional de la Información, suxiren que aumenta a desconfianza na ciencia entre a mocidade, algo que explica, por exemplo, a escaseza de vocacións científicas neste segmento, tal e como apuntan os investigadores. O traballo, financiado por fondos FEDER, da Comunidade de Madrid e do Ministerio de Ciencia e Innovación, baséase nunha enquisa descritiva a unha mostra de 1.800 persoas representativas da poboación española, maiores de idade e residentes nas 17 comunidades autónomas, realizada entre o 6 e o 22 de xuño de 2022.
“É paradoxal, e moi preocupante, que as xeracións con maior acceso á información e á educación, as mellor formadas na historia de España, son as que menos información consumen e as que máis desconfían da ciencia e do xornalismo, dous eidos que comparten a procura da verdade. Debemos facer unha reflexión profunda sobre que está a pasar”, sinalan Alberto Quian e Xosé Soengas. “A xente nova non quere enrolarse en carreiras STEM, de Ciencia, Tecnoloxías, Enxeñaría e Matemáticas, porque cre que a ciencia non é un método para a procura da verdade e que mesmo é perigosa para o futuro do ser humano”, indica Carlos Elías.
Os resultados deste traballo apuntan que a idade e a ideoloxía son os factores que máis condicionan o uso de diferentes tipos de fontes informativas. Segundo o estudo, as persoas que máis consultan medios de comunicación tradicionais son as que se sitúan no centro político, mentres que as de esquerdas adoitan recorrer máis a fontes oficiais (como as autoridades sanitarias); ao contrario que as que se sitúan na dereita, que prefiren máis os organismos de investigación ou as universidades. Por outra banda, “os antivacinas, en cambio, prefiren as fontes alternativas. Isto explícase porque os medios tradicionais si son favorables ás vacinas”, sinalan os investigadores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?