Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Youtubeiras 2023 achegou 32.480 minutos de vídeos en galego no YouTube
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Youtubeiras 2023 achegou 32.480 minutos de vídeos en galego no YouTube

S. P.
Publicado: 19/01/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

Finalistas da anterior edición de Youtubeiras
Finalistas da anterior edición de Youtubeiras
Os Premios Youtubeiras, galardóns destinados a encher as redes sociais de contidos audiovisuais creativos na súa lingua, comezaron o ano brindando unha serie de datos salientables de participación e repercusión no que se respecta á actual edición (edición 2023). Segundo explicou o Concello de Santiago, co-organizador do certame, nesta convocatoria inscribíronse 68 canles, mentres que 24 vídeos foron propostos pola audiencia dixital para o Premio do Público. O conxunto de vídeos presentados nesta edición, que comprende pezas subidas á Rede entre novembro de 2022 e novembro de 2023, significan 32.480 minutos de vídeos en galego no YouTube.
Finalistas
Youtubeiras xa ten finalistas para os seus galardóns de 2023. Un total de 18 contidos aspiran a gañar algunha das oito categorías nas que se divide o certame nesta edición: Canle, Youtubeira, Youtubeira Revelación, Vídeo, Calidade Lingüística, Pioneiro, Rede e Premio do Público. A proposta gañadora en cada categoría recibirá 1.000 euros, agás no caso do galardón decidido polo público, cuxa dotación económica é de 500 euros. En total, os Premios Youtubeiras repartirán 7.500 euros.
O certame, como lembraremos, está organizado polos servizos de Normalización Lingüística de nove concellos (Rois, Rianxo, Santiago de Compostela, Carballo, Ames, Moaña, Pontevedra, Ribadeo, Teo e O Grove), das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña, ten o obxectivo concreto de fomentar a creación en galego no YouTube con temáticas e formatos diversos, así como de promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas xeradoras de contidos na Rede.
O xurado que escolleu a terna de finalistas en cada categoría e decidirá as persoas gañadoras que se anunciarán na gala do próximo 17 de febreiro en Santiago está conformado por Fátima Souto Muñiz, bolseira no Servizo de Normalización de Ames; Nee Barros, escritore, divulgadore cultural e activista baixo o nome de @neeumatiko que recibiu en 2022 o premio de Youtubeira 2022; Irene Pin, xornalista e directora audiovisual; Belen Puime, directora e creadora audiovisual; Rodri Míguez, xornalista e divulgador musical, e Paula Souto, técnica de Normalización Lingüística de Moaña, que exerceu como secretaria con voz, pero sen voto.
As 18 propostas finalistas foron escollidas polo xurado de entre as 68 canles que se inscribiron para concorrer á edición de 2023 dos Premios Youtubeiras, cuxo lema desta edición é Rede aberta, Rede diversa! A esta cifra cómpre sumarlle os 24 vídeos propostos pola audiencia dixital para disputarse o Premio do Público. Os vídeos no seu conxunto, publicados entre novembro de 2022 e novembro de 2023 nas diferentes canles, superan os 32.480 novos minutos en galego subidos ao YouTube.
O palmarés dos Premios Youtubeiras darase a coñecer na xa tradicional gala de entrega, que se celebrará o vindeiro 17 de febreiro no Teatro Principal de Santiago de Compostela. A condución da gala, que en edicións anteriores recaeu en nomes destacados da música e da escena como son Tanxugueiras, A Panadaría, Iria Pinheiro ou Patricia de Lorenzo, darase a coñecer proximamente e a entrada será gratuíta, tras a retirada de convites.
As finalistas
Seis finalistas aspiran a levar dous galardóns neste 2023: OU ké! (finalista en premio Canle e en premio Rede), Toxío (Canle e Vídeo), Recuncho Gamer (Youtubeira e Pioneiro), Fica coa bola (Pioneiro e Premio do Público), Prado Rúa (Calidade Lingüística e Vídeo) e Savia Nova (Revelación e Premio do Público)
O premio Canle disputarase entre os xa citados Toxío e OU ké! xunto a Cinema Caníbal, mentres que o premio Youtubeira estará entre Recuncho Gamer, Exército Mekemeke e Pingando. Ao galardón Revelación aspiran O Faiado Podcast, Savia Nova e Luis do Río Pena. Os finalistas na categoría de vídeo son Derrubando Xigantes, de Toxío; Londres, de Malva; e SEG, de Prado Rúa.
No trío de finalistas en Calidade Lingüística atópanse Prado Rúa, Olaxonmario e Casa Gallinitas e a terna no caso do galardón Pioneiro está formada por Recuncho Gamer, Lilium e Fica coa bola. Ao premio Rede optan OU ké!, Alma da Vella Chousa e YouTube en galego.
Por último, o Premio do Público decidirase entre as tres propostas máis votadas na comunidade dixital: Noticias Dispersas, Fica coa bola e Savia Nova.
Relación de finalistas por categorías:
Premio Canle
• Cinema Caníbal
• OU ké!
• Toxío
Premio Youtubeira
• Recuncho Gamer
• Exército Mekemeke
• Pingando
Premio Youtubeira Revelación
• Luís do Río Pena
• O Faiado podcast
• Savia Nova
Premio Vídeo
• Seminario de Estudos Galegos, o centenario, de Prado Rúa
• Unha fin de semana en Londres, de Malva
• Derrubando xigantes, de Toxío
Premio Calidade Lingüística
• Prado Rúa
• Olaxonmario
• Casa Gallinitas
Premio Pioneiro
• Recuncho Gamer
• Lilium
• Fica coa bola
Premio Rede
• Alma da Vella Chousa
• OU Ké!
• Youtube en Galego
Premio do Público
• Noticias dispersas
• Fica coa bola
• Savia Nova

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?