Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O ministro para a Transformación Dixital, José Luis Escrivá, visitou a sede do CITIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O ministro para a Transformación Dixital, José Luis Escrivá, visitou a sede do CITIC

S. P.
Publicado: 22/01/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

foto_1_visita_ministro_jose_luis_escriva_citic-2.jpgO ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, José Luis Escrivá Belmonte, realizou este luns 22 de xaneiro unha visita de traballo ao Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña. Neste encontro, o ministro puido coñecer as principais liñas de investigación que se están levando a cabo no centro, que lidera importantes proxectos de Intelixencia Artificial aplicada á biomedicina, a inclusión, a astronomía, a industria 4.0, a sustentabilidade ou a estatística.
Escrivá cualificou como “extraordinarios os proxectos e iniciativas que se están a desenvolver no CITIC, tanto a nivel de investigación como de transferencia de coñecemento e traballo coas empresas”. E engadiu: “Trátase de propostas que conectan moi ben coas prioridades do Ministerio e coas capacidades que se poidan desenvolver para que as novas tecnoloxías e, singularmente, a Intelixencia Artificial teña un impacto positivo sobre os cidadáns e axude a mellorar a vida da xente”.
foto_3_visita_ministro_jose_luis_escriva_citic-2.jpgPola súa banda, o director do CITIC, Manuel González Penedo resaltou que “un dos nosos principais obxectivos como centro é a transferencia, poñer ao alcance da sociedade os resultados das investigacións, como así o demostra o feito de que sexamos referentes na atención a persoas con discapacidade a través de programas pioneiros, como Talentos Inclusivos ou o uso da IA para mellorar a predición e resposta en emerxencias transfronteirizas”.
O vicerreitor de Investigación e Transferencia da UDC, Jerónimo Puertas Agudo, destacou que “a Universidade e a cidade da Coruña teñen as capacidades e as ferramentas para organizar toda a arquitectura da IA. Dispoñemos dos centros e as empresas, moitas das cales son startups que foron concibidas na propia UDC. De feito, a Universidade da Coruña aposta pola colaboración con empresas TIC desde os seus centros de investigación, como o CITIC, para potenciar a transferencia efectiva de coñecemento. Todo iso propicia que a Cidade das TIC, que xa é unha realidade, poida converterse no futuro hub da IA”.
foto_2_visita_ministro_jose_luis_escriva_citic-2.jpgDurante a visita, o ministro de Transformación Dixital tivo a oportunidade de reunirse cun grupo de investigadores do centro que lideran proxectos punteiros, entre os que se atopaban Amparo Alonso, Minia Manteiga, Verónica Bolón, Nieves Brisaboa, Thais Pousada, Carlos Gómez e José A. Iglesias, xunto co director, Manuel González Penedo e o subdirector, Javier Pereira, ademais de membros do Consello Reitor do CITIC.
Tralo dito encontro, José Luis Escrivá fixo un percorrido polas instalacións do centro de investigación, visitando o demostrador tecnolóxico, un espazo singular no que puido coñecer dous dos proxectos nos que traballa actualmente o persoal investigador do centro, así como os escenarios de Realidade Virtual.
AESIA
A visita tamén puxo o foco no proxecto da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA), que terá a súa sede na Coruña. José Luis Escrivá resaltou o papel do CITIC e da UDC na axencia “que primeiro ten que converterse nun think tank, un centro de análise que xere coñecemento para que os cidadáns poidan coñecer as oportunidades que a IA xera”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?