Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A terceira convocatoria dos Bonos de Innovación vén cun orzamento de 750.000 euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A terceira convocatoria dos Bonos de Innovación vén cun orzamento de 750.000 euros

S. P.
Publicado: 22/01/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

gain_innovacion_fabrica.jpgEste luns publicouse no DOG a convocatoria de 2024 de Bonos de Innovación, dotada cun orzamento de 750.000 euros. O seu obxectivo é impulsar os primeiros pasos para innovar en autónomos, microempresas, pemes e entidades do terceiro sector de acción social, e “ademais permitir dar visibilidade á innovación que estas levan a cabo”, informou a Axencia Galega de Innovación (GAIN). Os bonos, que chegan á súa terceira edición, poñen o foco dun xeito especial nas empresas que se estrean na senda da innovación. A intensidade das axudas é do 70% do custo elixible, salvo para os custos de protección do coñecemento que é do 50%.
A convocatoria deste ano, cuxo prazo de presentación de solicitudes ficará aberto ata o 22 de febreiro, mantén as características do ano anterior, aínda que “incorpora melloras para facilitar a tramitación e mellorar o impacto nas pemes”, explicou GAIN, salientando que entre outros aspectos amplíanse os posibles beneficiarios para facilitar o acceso ás entidades con maiores barreiras para participar e promover a innovación pero moi relevantes na economía galega.
A convocatoria conta con dúas tipoloxías de bonos, a solicitar de maneira conxunta ou separada polas empresas. A liña 1 está destinada a contratar actividades destinadas á protección da innovación, xestión da innovación e vixilancia tecnolóxica, así como accións estratéxicas para desenvolver novos produtos, procesos e servizos. As axudas poden chegar ata 35.000€. Poden optar a esta liña as microempresas e pequenas empresas, mais están excluídas as medianas empresas e as pemes beneficiarias de Bonos en 2023 ou de Innovapeme 2022 ou 2023 e Deseñapeme 2023.
A liña 2 está destinada a apoiar a contratación de servizos de apoio para a tramitación de incentivos fiscais á I+D+i, bonificacións da seguridade social de persoal investigador e novas solicitudes de financiamento a propostas de I+D+i en convocatorias de axudas estatais. Estes bonos inclúen tamén as medianas empresas e poden chegar a un máximo de 10.000€. Unicamente están excluídas as empresas beneficiarias do programa Innovapeme 2022 e da liña 2 da convocatoria Deseñapeme e Innovapeme 2023.
Os bonos de innovación van dirixidos a suplir e complementar as capacidades internas das empresas a través da contratación de servizos externos dos axentes de innovación. Esta convocatoria compleméntase con outras liñas de axuda de apoio á innovación e permite trazar un itinerario de financiamento segundo o tamaño da empresa e o seu nivel e capacidade de innovar.
Para presentar en detalle estas axudas, entre outras liñas de apoio á I+D+i da Axencia Galega de Innovación, celebraranse catro xornadas presenciais, unha por provincia: o 25 de xaneiro en Lugo; o 31 de xaneiro en San Cibrao das Viñas (Ourense); o 2 de febreiro en Vilagarcía de Arousa e o 6 de febreiro en Ferrol. As inscricións poden realizarse na web da Axencia Galega de Innovación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?