Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Patricia Argerey enxalza a aposta innovadora da firma viguesa Selmark
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Patricia Argerey enxalza a aposta innovadora da firma viguesa Selmark

S. P.
Publicado: 23/01/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

gain_20240123selmark2.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitaron este martes 23 a sede en Vigo da empresa de lencería Selmark que está a desenvolvendo un plan de innovación a través do programa InnovaPeme 2023 da Xunta de Galicia.
O plan de Selmark ten como principais obxectivos facilitar a incorporación de novos procesos, por exemplo a mellora da operativa do almacén mediante novas tecnoloxías, a posta en marcha dun proxecto piloto de preparación de pedidos de baixo número de prendas co fin de axilizar o proceso e evitar erros, ou o redeseño das canles de comercialización máis acordes coas esixencias do mercado. O plan tamén busca “potenciar a posibilidade de personalización dos artigos na tenda online”.
gain_20240123selmark4.jpg A peme viguesa investirá no período 2023-2024 preto de 123.000 euros en innovación para ser máis competitiva. Selmark xa participou en diversos proxectos de I+D como o desenvolvemento de suxeitadores protésicos personalizados para casos de mastectomía; un plan de innovación en procesos e mercadotecnia da liña Selmark Care dirixida a mulleres que padeceron cancro de mama ou o desenvolvemento dun sistema láser robotizado para a automatización da produción de pezas personalizadas.
Tal e como se informou durante a visita, a convocatoria 2024 da liña de axudas de InnovaPeme, conxuntamente coa liña DeseñaPeme, prevese publicar no Diario Oficial de Galicia o vindeiro 13 de febreiro co obxectivo de seguir introducindo a cultura da innovación no tecido produtivo galego e, es especial, nas pemes e microempresas galegas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?