Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae mergúllanos en febreiro na vertente máis áxil do testing de software
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae mergúllanos en febreiro na vertente máis áxil do testing de software

S. P.
Publicado: 24/01/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

istqb_vitae.jpgVitae Consultores vai organizar en febreiro un curso que aborda a importancia do testing de software dende unha vertente áxil, eficiente e eficaz, co obxectivo de achegar os resultados dun desenvolvemento á proposta desexada en inicio. Estamos a falar do curso ISTQB Agile Tester, de 16 horas de duración. Celebrarase os días 19, 20, 22, 26 e 27 de febreiro en formato de aula virtual.
A consultora galega introduce o curso salientando a importancia das probas áxiles, “que son unha aproximación ás probas de software que seguen os principios do desenvolvemento áxil de programas e ferramentas”. Para Vitae, os testers deben entender os principios e valores nos que se apoian os proxectos áxiles, xa que “eles mesmos son unha parte integrante do equipo de traballo xunto cos desenvolvedores e o negocio”.
O curso tamén pretende aclarar conceptos, xa que, segundo lembra a consultora, existe aínda moita confusión ao redor do concepto de probas de software áxiles, “é por iso que esta certificación outorga o coñecemento necesario ao tester para formar parte de equipos de traballo áxiles e para alcanzar un alto desenvolvemento profesional”.
Obxectivos
istqb_vitae_1.jpgColaborar nun equipo áxil transversal resultándonos familiares os principios e mellores prácticas do desenvolvemento software áxil.
-Adaptar a nosa actual experiencia e coñecemento en probas de software cara aos principios e valores áxiles.
-Dar soporte ao equipo áxil na planificación de actividades de probas.
-Aplicar métodos e técnicas de probas de software nun proxecto áxil.
-Asistir ao equipo áxil na automatización de probas.
-Colaborar co negocio na elaboración e definición de casos de usuario, escenarios, requisitos e criterios de aceptación segundo proceda.
-Traballar e compartir información con outros membros do equipo.
A quen vai dirixido
O curso está dirixido a profesionais da actividade de probas como testers, analistas e enxeñeiros de probas, así como responsables de calidade de software. Tamén se dirixe, dun xeito xenérico, a todos os profesionais que desexen alcanzar unha sólida visión do proceso de probas nun contexto áxil, así como contar cun recoñecemento internacional: xefes de proxecto, analistas de negocio, xerentes, consultores TI e integrantes de equipos de desenvolvemento.
A persoa encargada de impartir todos estes contidos será Aurelio Gandarillas, enxeñeiro en Informática e enxeñeiro técnico industrial en Electrónica, con máis de 25 anos de experiencia no sector das novas tecnoloxías da información e máis dunha ducia de anos como consultor e formador nos eidos do deseño, a implantación e a mellora dos procesos de desenvolvemento e calidade do software.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?