Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC oferta un curso gratuíto sobre a construción naval e a Industria 4.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC oferta un curso gratuíto sobre a construción naval e a Industria 4.0

S. P.
Publicado: 24/01/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

curso_en_lina_e_gratuito_sobre_a_construcion_naval_e_a_industria_4.0_udc.jpgA Universidade da Coruña, a través do Proxecto Europeo Erasmus+ Forward Looking at the Offshore Renewable Energies (FLORES), e a empresa CT Ingenieros veñen de relanzar o curso en liña Construción Naval e Industria 4.0, unha formación teórico-práctica de 20 horas de duración que poderá seguirse, de xeito totalmente gratuíto, entre o 19 de febreiro e o 18 de marzo, a través da Plataforma UDC Aberta.
Ao longo de catro semanas, o alumnado afondará nos principais conceptos da Industria 4.0 desde a perspectiva da súa aplicación á construción naval. Deste xeito, analizará máis polo miúdo a súa aplicación ao sector de tecnoloxías como a Internet das Cousas (IoT), a análise da información a gran escala (Big Data), a Minaría de Datos, os sistemas de Realidade Aumentada ou Realidade Mixta, a fabricación aditiva ou impresión 3D, a ciberseguridade, os robots colaborativos ou mesmo a simulación.
As persoas interesadas en participar terán que formalizar a súa inscrición a través da plataforma de educación en aberto da Universidade da Coruña. Esta actividade formativa está dirixida ao alumnado de bacharelato de rama tecnolóxica, de ciclos de Formación Profesional, de titulacións universitarias vinculadas ao eido da enxeñaría e a profesionais do sector.
Para obter o correspondente certificado de aproveitamento cómpre realizar todas as actividades prácticas propostas ao longo do curso. A maiores, o alumnado de calquera titulación de grao de Universidade da Coruña que queira optar ao recoñecemento de créditos ECTS debe solicitar, en tempo e forma, un certificado oficial dirixíndose ao Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE).
Proxecto FLORES
Impulsar a capacitación no sector das enerxías renovables offshore promovendo formacións específicas, contribuíndo ao desenvolvemento de carreiras neste ámbito profesional e facilitando a creación dun observatorio de oferta e demanda de capacidades. Este é o principal obxectivo do proxecto europeo FLORES que coordina o Centro Tecnolóxico do Mar – Fundación CETMAR, dependente da Consellaría do Mar, e no que colaboran a Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (ASIME) e un total de 10 profesores/as e investigadores/as así como persoal técnico de apoio do Campus Industrial de Ferrol, pertencente á Universidade da Coruña
O proxecto está financiado pola Unión Europea a través da Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA) e conta cun orzamento de 700.000 euros. Pola súa banda, a Universidade da Coruña dispón de máis de 76.000 euros para mellorar ao oferta con accións de formación continua innovadoras tanto para profesionais das enerxías renovables mariñas como de calquera outro sector. Do mesmo xeito, no prazo de dous anos, terá que liderar a promoción de carreiras neste ámbito e achegará á sociedade, especialmente ao alumnado dos colexios e institutos galegos, ás enerxías limpas mariñas cunha clara perspectiva de xénero.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?