Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC contará cunha Cátedra de Intelixencia Artificial en Medicina Personalizada de Precisión
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC contará cunha Cátedra de Intelixencia Artificial en Medicina Personalizada de Precisión

S. P.
Publicado: 24/01/2024
9 Min de Lectura
Compartir
9 Min de Lectura

citius_edificio-4.jpgO Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital vén de facer pública a lista de universidades españolas que recibirán financiamento para Cátedras de Intelixencia artificial, entre as que destaca a cátedra universidade-empresa da USC e Plexus Tech, liderada polo CiTIUS.
Segundo explica Senén Barro, director científico do CiTiUS, “a Cátedra xurdiu polo convencemento de que só desde unha perspectiva integradora e multidisciplinar, coa ambición de construír un proxecto a longo prazo, pódese crear unha contorna de xeración de novo coñecemento e desenvolvemento tecnolóxico que termine na súa translación á práctica clínica”.
O obxectivo, engadiu, é situar a Galicia na vangarda da Intelixencia Artificial neste terreo, a través do liderado do CiTIUS e a USC, a tecnolóxica Plexus Tech, e todo o ecosistema galego implicado.
A proposta inclúe doce dos currículos máis importantes do panorama científico non só a nivel galego, senón estatal, incluíndo perfís con premios de gran prestixio internacional.
A un nivel máis específico, a Cátedra terá unha duración inicial de catro anos e ao longo dese período traballará na creación dun instrumento que, a través da IA, teña capacidade para cruzar os datos necesarios que contribúan a crear novo coñecemento e mellorar de “xeito significativo” o proceso de toma de decisións do persoal implicado nunha sorte de “intelixencia aumentada”, segundo apunta Senén Barro, que explica que “ademais da investigación, a divulgación, docencia e innovación serán obxectivos igualmente relevantes no quefacer desta cátedra”.
Excelente nova
“É unha excelente noticia para Galicia, un novo recoñecemento á investigación en Intelixencia Artificial desenvolvida na nosa comunidade e, neste caso, tamén para o noso ecosistema de saúde»” Con estas palabras reaccionaba Senén Barro, director científico do CiTIUS, á nova da resolución ministerial que avala a nova Cátedra de Intelixencia Artificial en Medicina Personalizada de Precisión; unha proposta elaborada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) a través do CiTIUS, en colaboración coa empresa tecnolóxica compostelá Plexus Tech. A iniciativa convértese así na única en España nesta temática que consegue un importante apoio do Gobierno central. A cátedra contará cun financiamento de 1.200.000€ durante catro anos: os tres primeiros a través de unha achega da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, dependente do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, con 900.000 euros, e o último, cunha achega de 300.000 euros, por parte da empresa Plexus Tech.

Senén Barro na entrada do CiTIUS fotografado por Andrés Ruíz
Senén Barro na entrada do CiTIUS fotografado por Andrés Ruíz
O propio Senén Barro, director da Cátedra, reflexionaba deste xeito sobre as razóns esenciais da súa creación: “A Medicina Personalizada de Precisión» (MPP) xorde da ambición de optimizar a calidade da atención sanitaria mediante a individualización do proceso asistencial, de acordo coas condicións únicas que caracterizan a cada paciente. Existe un consenso xeneralizado sobre o feito de que a Intelixencia Artificial» (IA) está chamada a revolucionar a Medicina Personalizada de Precisión e, por extensión, o desenvolvemento mesmo da medicina do futuro”.
Con esta premisa nacía a iniciativa promovida polo CITIUS, que en marzo de 2023 concorreu á convocatoria lanzada pola Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia artificial para financiar Cátedras universitarias dedicadas á investigación, divulgación, docencia e innovación sobre Intelixencia artificial (IA), e cuxo desenvolvemento se enmarca na Estratexia Nacional de Intelixencia artificial (ENIA) e na axenda España Dixital 2026, así como no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Entre os principais obxectivos que abordará nos seus primeiros catro anos de vida, a Cátedra centrará os seus esforzos en reforzar a investigación en IA que realiza o CiTIUS, incentivando aquelas liñas de investigación con maior potencial en proxectos de Medicina Personalizada de Precisión. O obxectivo é “situar a Galicia na vangarda da Intelixencia Artificial neste terreo”.
Segundo explican fontes do CiTIUS, as posibilidades que ofrece a aplicación da IA neste eido abranguen múltiples ámbitos, como o descubrimento de fármacos, a identificación de biomarcadores, a caracterización de subpoblacións, a estimación e inferencia causal de efectos ao tratamento, a comunicación, ou o intercambio de coñecemento, entre outros. Á súa vez, estas novas posibilidades expoñen novos retos na integración de datos multimodais, como a seguridade, a privacidade, a escalabilidade, a eficiencia, a reproducibilidade, a transparencia ou a confiabilidade. “Por iso esta Cátedra dá tanta importancia aos datos, á computación de alto rendemento e as tecnoloxías intelixentes”, sinala Senén Barro, engadindo que a finalidade “é a saúde e a calidade de vida das persoas, pero no medio están as máquinas e as tecnoloxías intelixentes”.
A proposta recoñecida polo Goberno inclúe unha lista de doce currículos brillantes, perfís investigadores de recoñecida traxectoria que actúan como garantes da actividade da Cátedra. Entre eles, cómpre destacar a participación dos directores de cinco dos centros de investigación de referencia en Galicia e España: a directora científica do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), María Luz Couce; Rosa María Crujeiras, directora do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga); a directora do CiMUS, Mabel Loza, o director do Centro Nacional de Xenotipado -ISCIII, Ángel Carracedo, e Senén Barro, director do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS). Completan a lista de garantes figuras sobresalientes nos seus eidos de investigación, como Wenceslao González, Premio Nacional de Estatística 2021; María José Alonso, Premio Nacional de Investigación Juan da Cerva 2021 na área de Transferencia de Tecnoloxía; ou José Ramón González Juanatey, Xefe do Servizo de Cardioloxía e UCC do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela e, entre outros, Premio Ciril Rozman, Premio Best in Class, Premio da Fundación Avedis Donabedian e Premio Medico Español do Ano.
Polo que respecta á vertente socioeconómica desta cátedra universidade-empresa, a achega empresarial contará co liderado da compañía tecnolóxica Plexus Tech, que desde o ano 2000 vén desenvolvendo proxectos en tódolos ámbitos tecnolóxicos a medida que estes ían medrando, e conta xa con máis de tres mil profesionais altamente cualificados, moitos dos cales atópanse desenvolvendo proxectos europeos xa premiados dentro do marco H2020.
Cómpre destacar tamén a participación do CESGA, segundo centro de supercomputación máis potente do Estado, así como a dun número de axentes públicos e privados que conforman un dos ecosistemas en saúde, biociencia e biotecnoloxía máis importantes de España. Entre eles, o propio Servizo Galego de Saúde (SERGAS), que avalou desde o principio a proposta sinalando que “as fortalezas da Universidade de Santiago de Compostela neste ámbito fana merecedora deste apoio á súa candidatura”. O conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña, sinalaba as capacidades de Campus Vida, como “principal ámbito de investigación, formación e clínico de Galicia e un dos máis importantes de España en Ciencias da Vida”, destacando así mesmo “a singularidade de contar tamén cun dos principais centros de investigación do ámbito estatal en Intelixencia Artificial, o CiTIUS”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?