Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cátedra Vida Saudable lanza un certame de vídeos en redes sociais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cátedra Vida Saudable lanza un certame de vídeos en redes sociais

S. P.
Publicado: 25/01/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

estudantes_mobil_usc_05.jpgNeste mes de xaneiro botou a andar a primeira edición do certame ao Vídeo TikTok, Instagram ou Youtube Cátedra Institucional Vida Saudable. Nel, cada persoa participante poderá concorrer cun único vídeo no que deberá presentar a elaboración dun prato san, ben sexa un primeiro, un segundo ou unha sobremesa. Poderán inscribirse estudantes en calquera titulación de grao, mestrado universitario ou doutoramento das tres universidades públicas galegas. O vídeo deberá publicarse en, polo menos, unha das seguintes plataformas: TikTok, Instagram ou Youtube (vídeo tradicional ou modalidade Youtube Shorts) co cancelo #catedravidasaudableUSC.
Con este certame, preténdese fomentar a difusión, o coñecemento e a práctica dun estilo de vida saudable, cumprindo deste xeito cos fins para os que foi creada a Cátedra. No caso das plataformas Instagram e Youtube, debe ser mencionado, no descritor do vídeo, o perfil oficial da Universidade de Santiago de Compostela. O vídeo poderá ter un ou varios autores pero neste último caso deberán estar etiquetados no vídeo. Ademais, no caso de que o vídeo non estea gravado en galego deberá estar subtitulado neste idioma.
As solicitudes presentaranse a través do rexistro electrónico da USC mediante o procedemento “solicitude xenérica” e dirixiranse á Vicerreitoría de Transformación Dixital e Innovación indicando no asunto “I Premio ao Vídeo TikTok, Instagram ou Youtube Cátedra Institucional Vida Saudable”, achegando os documentos requiridos nas bases do certame.
Outorgaranse dous premios de 200 e 150 euros en cada unha das tres categorías: primeiro prato, segundo e sobremesa. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 2 de abril de 2024. Todas as consultas relativas ao premio poden trasladarse a través do enderezo electrónico catedra.vidasaudable@usc.gal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?