Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Ferrol lucirá proxectos tecnolóxicos na III edición do InnovAmes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Ferrol lucirá proxectos tecnolóxicos na III edición do InnovAmes

S. P.
Publicado: 25/01/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

campus_industrial_ferrol.jpgSerá mañá, venres 26 de xaneiro en horario de 10 a 19h, cando teña lugar no Pavillón Polideportivo do Milladoiro (Ames) a terceira edición da Xornada de Innovación e Movemento Maker (InnovAmes) que terá á Intelixencia Artificial (IA) como eixo central e que organiza o Concello de Ames xunto coa Maker Faire Galicia. Entre as entidades participantes atópase a Universidade da Coruña (UDC), que contará ao longo de toda a xornada cun stand no que exhibirá o traballo realizado no Campus Industrial de Ferrol.
Pola mañá, o alumno do Programa de Doutoramento en Enxeñaría Naval e Industrial, David Sánchez Canzobre, estará no posto da UDC para amosar a súa tese centrada no deseño dun sistema de vídeo-vixilancia de baixo custo para supervisar ás persoas maiores e/ou dependentes botando man da visión artificial.
Ás 13 horas, o director do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Marcos Míguez González, intervirá para presentar ao primeiro campus con especialización acreditada de todo o sistema universitario español e tamén o primeiro centrado no eido da industrial naval.
Desde o seu nacemento, en 2015, o Campus Industrial de Ferrol basea a súa especialización en cinco liñas estratéxicas: a robótica, os materiais, a optimización de procesos, a enxeñaría naval e offshore e a xestión industrial e o desenvolvemento do produto. Logo da súa reacreditación en 2023, de cara aos catro vindeiros anos, deberá incorporar novas liñas de investigación vinculadas aos eidos da enxeñaría eléctrica e electrónica, das telecomunicacións e da informática así como liderar a investigación a nivel nacional no ámbito da enxeñaría aditiva e da fabricación 4.0.
Na quenda da tarde, a partir das 16:30 h, achegarase ata o stand da UDC unha representación do alumnado do segundo curso do máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos, quen amosará as demos dos dous proxectos que están a crear como traballo final desta titulación que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF).
Engadir que o público asistente a esta xornada poderá probar e testar What the Hell, un xogo de desprazamento lateral con elementos de plataformas, acción 2.5D e puzzles ambientado nos infernos de Dante. Detrás deste proxecto están os e as estudantes do Campus Industrial de Ferrol: Miguel González, Manuel Veiga, Lara Fernández, Natalia Froiz, Alberto Tajuelo, Nerea Martínez, Albert Ramírez e Teresa Pecker, integrantes do estudo indie Namaless.
A segunda opción dispoñible para probar e testar será Platyfrog , un xogo de aventuras e plataformas 3D onde un ornitorrinco chamado Firu e unha rá de nome Ben, integrantes de dúas civilizacións rivais, rematan na Bóveda da Apocalipse. Están a realizar este proxecto, baixo o nome de Piña Colada, os estudantes da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol: Laura Bey, Andrea Fernández, Sofía Pelegrín, Paula Portal, Viviana Rodríguez, Anllelo A. Reina, Eduard A. Sánchez e Álvaro Hayek.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?