Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Foro Económico de Galicia di que o galego será un estímulo para as tecnoloxías lingüísticas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Foro Económico de Galicia di que o galego será un estímulo para as tecnoloxías lingüísticas

S. P.
Publicado: 25/01/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

foro_economico_galicia_sene_barro_galego_tecnoloxias.jpgO Foro Económico de Galicia celebrou este martes en Santiago a presentación dun informe que realiza un diagnóstico do uso das tecnoloxías lingüísticas en Europa, España e Galicia e que advirte do “medre exponencial deste tipo de ferramentas na vindeira década”. O traballo, dado a coñecer polos expertos do Foro Económico de Galicia, Senén Barro e Luís Otero, académicos da USC, foi desenvolvido coa colaboración de Carme Magariños, Diego Vázquez, Ignacio Rodríguez, María Bastida, Miguel Taín, María Baqueiro e Paulo Gamallo.
O informe di que o principal beneficio das solucións das TL (Tecnoloxías Lingüísticas) para as empresas é “utilizar a automatización para reducir custos e mellorar as operacións comerciais para maximizar a produtividade e a rendibilidade”.
Os expertos do Foro explicaron que as empresas que levan varios anos empregando solucións de Procesamento da Linguaxe Natural sosteñen que “esta tecnoloxía mellora a eficiencia, xera vantaxes competitivas, reduce o tempo de produción e riscos, aforra custos e permite acceder a novas oportunidades de negocio”.
Tamén lembraron que na actualidade o mercado a nivel global oscila entre os 15.000 e os 20.000 millóns e agárdase un incremento de ata 160.000 millóns a finais da década. A cota de mercado esperada para Europa a nivel global estimase no 20%, onde España ocupa o quinto posto cun 9% do mercado europeo. En España as comunidades punteiras son Madrid, Cataluña, País Vasco e Valencia, mentres Galicia ocupa a quinta posición. O estudo do Foro indica que as empresas galegas superan a media nacional, tanto no emprego da IA para a análise da linguaxe escrita coma no emprego da IA para converter a linguaxe falada en formato lexible por unha máquina.
Os autores consideran que “o feito de contar cunha lingua propia abre a porta á creación de solucións específicas adaptadas ás necesidades lingüísticas locais, permitindo unha mellor precisión do procesamento da linguaxe natural”. Ademais, engaden, “o desenvolvemento de aplicacións específicas favorece a adopción de tecnoloxías e fomenta a diversidade e inclusión na era dixital”.
Porén, recordan que a situación do galego non é equiparable á doutras linguas como o inglés ou o castelán, polo que “precisa dun pulo decidido que a sitúe como lingua de uso convencional nos recursos tecnolóxicos de uso común pola sociedade”.
Nesta liña entran en xogo iniciativas como o Proxecto Nós, impulsado pola USC e a Xunta (Secretaría Xeral de Política Lingüística, Consellería de Cultura e Educación), que naceu con esa finalidade: a de acadar unha ampla variedade de recursos lingüísticos en galego de alta calidade e que serán publicados en formato dixital. O proxecto ten oito liñas de traballo que van dende a síntese de voz ao recoñecemento da fala, á tradución automática, á xeración de textos ou mesmo ós sistemas de dialogo.
O autores do traballo incidiron en que “en Galicia o sector das tecnoloxías lingüísticas eríxese como un eido de extraordinario potencial, impulsado pola riqueza de contar cun idioma propio, pero tamén insisten na necesidade de materializar este potencial”. E apuntaron: É” imperativo formar e nutrir de talento especializado, fortalecer a colaboración coa industria local, apostar por proxectos transversais que aproveiten sinerxias, e continuar impulsando o sector mediante investimentos financeiros e o acceso a recursos lingüísticos desde a Administración”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?