Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Coruña oferta 1.000 horas de formación en competencias dixitais nas Bibliotecas Municipais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Coruña oferta 1.000 horas de formación en competencias dixitais nas Bibliotecas Municipais

S. P.
Publicado: 26/01/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mobil_coruna_cursos_formacion_competencias_dixitais.jpgO Concello da Coruña pon en marcha unha nova edición do programa de formación en competencias dixitais a través da rede de Bibliotecas Municipais, co obxectivo de “dar recursos a persoas cun baixo grao de coñecemento na materia”. As actividades formativas encádranse no programa do Goberno de Inés Rey para avanzar na redución da chamada fenda dixital. Trátanse dun total de 60 cursos impartidos ao longo de todo o ano nas bibliotecas do Centro Sociocultural Ágora, Durán Loriga, Fórum Metropolitano, Monte Alto, Os Rosales e Sagrada Familia.
En total, a través dos cursos ofértanse case 1.000 horas de formación en diferentes eidos da tecnoloxía cotiá. Por exemplo como configurar un teléfono móbil, como facer trámites en liña e certificados dixitais, como manexar e tirar proveito das redes sociais ou como xestionar o noso correo persoal.
O Concello explica que “ademais dunha vertente práctica, este programa en competencias dixitais contén unha perspectiva educativa nas TIC para o bo uso e relación co mundo dixital, achegando consellos e recomendacións para combater a desinformación”. Nesa liña, dende o Consistorio lembran que dispoñen dun servizo gratuíto de atención tecnolóxica para axudar a persoas usuarias que teñan algún problema no uso das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación). As consultas poden realizarse de xeito presencial na rede de Bibliotecas Municipais ou en liña, a través da web municipal, coruna.gal.
A formación en competencias dixitais comezou este luns 22 de xaneiro con dous cursos: O móbil desde cero, no Fórum Metropolitano, e o Ordenador desde cero, na Biblioteca da Sagrada Familia. As inscricións, así como a información sobre os próximos cursos, pode realizarse na web das Bibliotecas Municipais ou de xeito presencial nas mesmas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?