Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A II edición das Olimpíadas de Teleco celébrase en abril e xa duplica o número de inscritos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A II edición das Olimpíadas de Teleco celébrase en abril e xa duplica o número de inscritos

S. P.
Publicado: 26/01/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_olimpiadas_teleco1.jpgO mes de abril acollerá a segunda edición das Olimpíadas Teleco, unha iniciativa que botaba a andar o curso pasado a nivel nacional da man de 20 escolas de enxeñería de telecomunicación de toda España -25 nesta edición- e do Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Telecomunicación. Máis en concreto, serán os días 25, 26 e 27 de abril cando teñan lugar estas Olimpíadas que desta volta duplican a participación con respecto da edición anterior, pois xa están inscritos 441estudantes de 20 centros de ensino secundario de toda Galicia.
Onte, xoves 25 de xaneiro a directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Rebeca Díaz, presentaba en Vigo esta segunda edición das probas, un acto no que tamén se aproveitou para facer entrega de dous premios de 2000 euros, financiados polas empresas Optare Solutions e BorgWarner, aos dous estudantes cos mellores expedientes de entrada na EET no curso 2023/2024: Rocío Fernández Álvarez e Iván González García.
Engadir que dos máis de 400 estudantes inscritos, arredor de 120 participaron de xeito presencial na presentación, e outros tantos seguiron o acto en liña. Se o ano pasado o reto fora deseñar e desenvolver prototipos e solucións baseadas na enxeñaría de telecomunicación aliñadas co ODS 11 da Axenda 2030 referido ás cidades e comunidades sostibles, este ano terán que centrarse no ODS 3: saúde e benestar.
Emporiso, as actividades arrancaban onte coa xornada de presentación, máis adiante haberá dúas sesións formativas en liña e as competicións celebraranse o 25 de abril, na categoría destinada ao alumnado de Ensino Secundario Obrigatorio; 26 de abril, para Formación Profesional e Bacharelato por equipos, e 27 de abril para bacharelato individual, “unha proba que consiste nun único exame”, explicou no acto a directora da escola, quen tamén aproveitou para agradecer a “forte implicación” que teñen neste proxecto as catro empresas patrocinadoras, “pertencentes as catro a nosa rede de empresas colaboradoras conexiónTeleco”, subliñou Diaz, referíndose neste caso a Cátedra Indra, Cátedra R, BorgWarner e Televés.
Ao igual que na primeira edición, a Olimpíada Nacional de Teleco desenvolverase en dúas fases: unha local, xestionada pola EET da UVigo, e outra nacional, na que competirán os mellores proxectos (gañadores) das competicións locais. Os premios que se repartirán en Vigo serán de 400 euros para o equipo coa mellor solución técnica e outros 400 euros para o instituto ao que pertenza, 300 euros para o equipo que teña a proposta máis orixinal e 200 euros para o equipo coa proposta máis aliñada co ODS 3. No caso dos premios individuais, novidade deste ano, haberá un primeiro premio de 400 euros, un segundo de 300 e un terceiro de 200.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?