Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pintos&Salgado reivindica o dereito ao esquecemento no Día Europeo da Protección de Datos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pintos&Salgado reivindica o dereito ao esquecemento no Día Europeo da Protección de Datos

S. P.
Publicado: 26/01/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

victor_salgado-pintos_y_salgado-1.jpgCo gallo da celebración do Día Europeo da Protección de Datos, o 28 de xaneiro, o bufete coruñés especializado en dereito dixital, Pintos&Salgado, que traballa desde 1999 no eido da protección da información, decidiu dar a coñecer un conxunto de boas prácticas e a analizar cuestións esenciais dentro do ecosistema virtual contemporáneo. Dicir que esta data foi proclamada pola Comisión Europea para informar e concienciar sobre os dereitos e obrigas dos usuarios de Internet, aumentando a sensibilización cidadá sobre un tema tan importante como a xestión dos seus datos persoais.
Segundo Víctor Salgado, socio do despacho e divulgador, “celebrar este 28 de xaneiro supón lembrar a importancia do dereito á intimidade que nace en 1978, coa Constitución Española, e que se ha ir ampliando ao compás da nosa contorna, cada vez máis tecnolóxica, ata o concepto actual de dereito á privacidade… se ao comezo centrabámonos en protexer xuridicamente só a información máis sensible, agora mesmo o dereito á privacidade permítenos salvagardar calquera dato relacionado co usuario”.
Para Salgado, é fundamental que todo cidadán saiba que ten un “dereito a protexer, pero tamén a controlar o uso dos seus datos de carácter persoal”, un control que se fai aínda máis urxente se se pensa no tipo de negocio das grandes empresas tecnolóxicas.
galegas-dixitais-primeiro-trimestre-2024.jpg “O modelo de negocio de Internet do todo gratis implica que, se non hai un pago económico, hai un pago cos nosos datos. Ese é o gran custo: que as grandes plataformas mercantilizan e explotan masivamente a nosa información persoal e esta maneira de xerar ingresos erosiona os dereitos de privacidade do usuario”, analiza Salgado.
Na actualidade, é difícil que unha persoa non teña un rastro dixital nos buscadores, e por iso mesmo no Día Europeo da Protección de Datos cobra especial importancia divulgar o dereito ao esquecemento, segundo a perspectiva de Pintos & Salgado.
“É seguramente un dos conceptos xurídicos centrais na protección da privacidade. O dereito ao esquecemento garante que calquera persoa poida solicitar a todas as entidades que publican información sobre un mesmo a eliminación deses datos, porque a nosa presenza en Google, por exemplo, tamén depende do que o resto faga cos nosos datos persoais”, salienta Víctor Salgado.
De feito, desde o 2014 todo usuario pode dirixirse directamente aos buscadores de Internet para que supriman a información sobre si mesmo que aparece nos resultados de procura, apoderando á cidadanía na xestión da súa presenza dixital.
Por último, dende Pintos & Salgado achegan tres consellos para calquera usuario de Internet: ser consciente da información que publica cada un na rede (prestar atención aos formularios que cubrimos nunha web, contido cerado nas redes sociais…), facer un exercicio de análise da nosa presenza dixital con periodicidade (explorando nos buscadores datos sobre un mesmo) e permanecer activos na defensa dos nosos dereitos como usuarios (protestar e contactar coas entidades que fan un uso indebido da información persoal e exercer o dereito ao esquecemento ou supresión).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?