Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pedro Blanco presenta en Betanzos as axudas estatais para dixitalización do turismo, que veñen con 200 millóns
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pedro Blanco presenta en Betanzos as axudas estatais para dixitalización do turismo, que veñen con 200 millóns

S. P.
Publicado: 29/01/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

pedro_blanco_en_betanzos.jpgO delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, reuniuse este luns 29 de xaneiro en Betanzos coa alcaldesa María Barral para avaliar a colaboración que manteñen o Goberno central e o Concello en materia de turismo, e que se traduce en distintos proxectos de renovación urbana, restauración arquitectónica e modernización do tecido turístico local. Coa alcaldesa percorreu o Mercado de Abastos, que se está renovando coa colaboración do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable co obxecto de combinar os usos tradicionais cos turísticos. O delegado aproveitou para animar aos concellos e ao sector a beneficiárense das novas liñas de axudas do Ministerio de Industria e Turismo destinadas á dixitalización do ámbito turístico e que mobilizan entre as dúas 200 millóns de euros.
A primeira destas convocatorias vai destinada a entidades locais para a dixitalización dos destinos turísticos. Disporá de 96 millóns de euros, dos que 38 resérvanse a deputacións e 58 millóns, a concellos e mancomunidades. O delegado detallou que “esta convocatoria abrirase en datas vindeiras e que os potenciais beneficiarios xa poden coñecer as bases e as condicións que rexeran a concesión destas axudas, xa que foron publicadas no BOE a finais de decembro pasado”.
As axudas están orientadas a que as entidades públicas locais despreguen “plataformas intelixentes que contribúan á transformación dixital dos destinos e do sector turístico”, sinalou.
As plataformas e solucións dixitais permitirán a todos os axentes relacionarse co turista de maneira dixital e intelixente e mellorar a xestión do destino, atendendo tamén á necesidade de mellorar a relación entre turistas e residentes, sinalou, engadindo que “a subvención pode cubrir ata o 100% do custo total cun máximo de 6 millóns de euros”.
Xunto a esta convocatoria para administracións locais, o delegado informou dunha segunda liña de axudas destinada as empresas do sector turístico, que neste caso está xa aberta e ten de prazo ata o 13 de marzo. “Esta liña pon a disposición do sector 104 millóns de euros que teñen como obxectivo o desenvolvemento e implantación de proxectos tecnolóxicos singulares e transformadores nestas empresas”. O delegado destacou que as axudas oscilan entre os 20.000 e os 3 millóns de euros e avanzou que nesta convocatoria poderán participar “as pequenas e medianas empresas e as asociacións sen ánimo de lucro e confederacións do sector turístico”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?