Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 300 docentes analizaron en Vigo a situación do dereito administrativo na era da IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

300 docentes analizaron en Vigo a situación do dereito administrativo na era da IA

S. P.
Publicado: 30/01/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_ia_aepda2.jpgArredor de 300 profesores e profesoras de dereito administrativo de universidades de toda España reuníronse esta pasada fin de semana en Vigo no marco da XVIII edición do Congreso da AEPDA, a Asociación Española de Profesores de Derecho Administrativo. Este encontro, organizado neste 2024 pola UVigo, centrouse en explorar “como a Intelixencia Artificial afecta á toma de decisións administrativas e como se proxecta sobre os dereitos e liberdades da cidadanía nas súas relacións coas administracións e tamén co sector privado, dado que os poderes públicos deben garantir aos particulares o goce efectivo da súa liberdade”.
Outras cuestións centrais da xuntanza foron a análise das posibilidades e riscos e que poden achegar neste contexto as persoas que se dedican academicamente ao mundo do dereito administrativo “para contribuír ao avance das primeiras e á contención dos segundos”.
Á fronte do comité organizador do evento, que arrancou o venres, estiveron a profesora da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo e vicerreitora de Profesorado e Ordenación Académica, Patricia Valcárcel, e o profesor da Facultade de Dereito de Ourense, Roberto O. Bustillo. Xunto con eles, encargáronse da organización os docentes Juan A. Hernández, Mª Antonia Arias e Rafael Fernández Acevedo.
No acto de apertura participou o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Julián Cerviño; e a presidenta da AEPDA, Concha Barrero, ademais dos membros do comité.
O congreso artellouse arredor de varias sesións temáticas. A primeira delas centrouse na irrupción da IA no dereito administrativo e nela participaron Alejandro Huergo, da Universidad de Oviedo, e Clara Velasco, da Pompeu Fabra, o primeiro cun relatorio titulado De la digitalización a la IA. Evolución o revolución? e a segunda abordando o marco regulamentario e o papel da administración.
A segunda sesión centrouse na IA e a toma de decisións administrativas, coa participación de José Luis Bermejo, profesor da Universidad de Zaragoza, que falou sobre a aplicación das tecnoloxías intelixentes na actividade formal e informal da administración, e de Susana de la Sierra, da Universidad de Castilla-La Mancha, cun relatorio sobre o exercicio de potestades mediante IA.
A reconfiguración dos dereitos e garantías foi o tema da terceira sesión, da man do profesor da UVigo Juan Antonio Hernández Corchete, que impartiu un relatorio titulado Un nuevo estatuto jurídico de los ciudadanos? e da profesora Matilde Carlón, da Universidad Complutense de Madrid, coa conferencia Hacia otro sistema de controles y garantías.
Na xornada do sábado celebrouse a asemblea da AEPDA, na que se acordou mudar o nome da entidade a Asociación Española de Profesores y Profesoras de Derecho Administrativo, apostando así por unha linguaxe máis inclusiva e igualitaria.
Logo foi a quenda da cuarta sesión de relatorios, centrada na visión de dereito comparado, na que interviñeron Tomás de la Quadra-Salcedo Fernández del Castillo, da Universidad Carlos III; Suzana Tavares da Silva, da Universidad de Coimbra; Alessandro Mantelero, da Universidad Politécnica de Turín e, como moderador, Ricardo Rivero Ortega, reitor da Universidad de Salamanca. O congreso pechouse coa presentación das conclusións, da man de Julián Valero Torrijos, catedrático da Universidad de Murcia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?