Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ineo seguirá operando como Oficina Acelera Peme no sur de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ineo seguirá operando como Oficina Acelera Peme no sur de Galicia

S. P.
Publicado: 30/01/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ineo_oficina_acelera_peme.jpgIneo, a Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia, constitúese novamente como beneficiaria do proxecto Oficina Acelera Peme, posto en marcha por Red.es e co-financiado con fondos FEDER da UE. “Continuamos así co noso labor de apoio á dixitalización do tecido empresarial galego polo menos durante outros dous anos”, sinalou a presidenta da asociación, Lourdes Guerra Fornos, nunha rolda de prensa celebrada este martes 30 de xaneiro na sede da Confederación Empresarial de Pontevedra (Vigo).
Na cita tamén participaron o presidente da Confederación Empresarial de Pontevedra (CEP), Jorge Cebreiros; a presidenta da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), Marisol Novoa; o presidente da Asociación Agrupación Industrial de Empresas de Enxeñería, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos de Galicia (AGEINCO), Daniel Prieto; o presidente da Asociación Empresarial de Profesionais e Autónomos de Ourense (AEPA Ourense), David Martínez, e o presidente de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI), José Ángel González.
Na xornada, Lourdes Guerra explicou que ineo leva “máis de 18 anos traballando por e para o sector TIC galego, velando polos seus intereses, axudando na súa mellora continua e facendo de ponte, de interlocutor entre o TIC e os demais sectores empresariais para fomentar a adopción de tecnoloxía que redunde na súa mellora competitiva e produtiva”.
Na súa intervención Marisol Novoa destacaba a importancia da colaboración da Oficina Acelera Peme de Ineo coas demais entidades do tecido empresarial galego. “Creo que este proxecto corrobora que a colaboración entre administración e entidades empresariais, a cooperación público-privada, é a mellor alianza para desenvolver iniciativas que, como esta, reverten no beneficio do tecido empresarial ao completo”, explicaba Marisol Novoa, que tamén resaltaba o papel da CEO no asesoramento e no impulso da dixitalización das empresas ourensás.
ineo_oficina_acelera_peme_2.jpgOs presidentes das entidades convidadas tamén destacaban a importancia do labor da Oficina, achegando o punto de vista desde o seu propio ámbito. O presidente de AEPA Ourense, David Martínez, destacaba o papel “moi útil” da Oficina Acelera Peme de Ineo para que “pemes e persoas autónomas coñezan as ferramentas e sistemas que hai no mercado”; mentres o presidente de AGEINCO, Daniel Prieto, centrábase na importancia que ten para o sector da enxeñería estar en primeira liña da transformación dixital: “Non é unha opción. A Intelixencia Artificial é o Excel do século XXI”, recalcaba.
Pola súa banda, o presidente de OVALMI, José Angel González, destacaba a importancia que teñen os servizos facilitados por Ineo para unha asociación supramunicipal e multisectorial: “Os pequenos negocios deben achegarse ás novas tecnoloxías se non queren desaparecer”.
O director de Operacións de Ineo, Luis Rey Fernández-Arruty, centrouse nas liñas de actuación que seguirá a Oficina Acelera Peme nesta nova andaina, que busca ampliar os resultados conseguidos ata o de agora cos seus servizos gratuítos de asesoramento e apoio en materia de dixitalización destinados a pemes, persoas autónomas e emprendedoreas galegos. Para facilitar os procesos de transformación dixital dos usuarios, a asociación pon á súa disposición diferentes ferramentas: asesoramentos individualizados, itinerarios de dixitalización, información e tramitación de axudas, intermediación entre empresas tecnolóxicas e os distintos sectores; entre outros.
Co mesmo fin de impulsar a dixitalización no tecido empresarial galego, a Oficina Acelera Peme de Ineo tamén organizará ao longo destes dous anos outras actividades como seminarios en liña, obradoiros de networking ou elaboración de guías e informes sobre dixitalización. D
Esta é a segunda convocatoria do proxecto concedida a Ineo, que xa foi beneficiaria do mesmo en 2021. Como explicaba a presidenta da asociación, foi nese ano cando se creou a Oficina Acelera Peme de Ineo que, durante esa etapa comprendida entre 2021 e 2023, levou a cabo servizos gratuítos de asesoramento para máis de 400 negocios, tramitou máis de 100 axudas á dixitalización, organizou máis de 50 obradoiros e conseguiu chegar a máis de 900 empresas a través das distintas xornadas e eventos levados a cabo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?