Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Foro Tecnolóxico de Emprego sumará este ano a participación de empresas do sector sanitario
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Foro Tecnolóxico de Emprego sumará este ano a participación de empresas do sector sanitario

S. P.
Publicado: 30/01/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_foro_tecnoloxico_forotecno1.jpgMáis empresas, incluíndo, por primeira vez, firmas do sector sanitario. Así será a XXIV edición do Foro Tecnolóxico de Emprego, a cita que cada ano reúne no Campus de Vigo ás futuras e futuros enxeñeiros co sector empresarial. Será do 5 ao 7 de marzo nas tres escolas de enxeñaría: Industrial, Minas e da Enerxía e Telecomunicación.
“A principal novidade desta edición é o aumento da capacidade, impulsado polo entusiasmo das empresas en participar neste evento e, máis concretamente, a incorporación de numerosas firmas do sector sanitario, cumprindo así coa demanda específica do alumnado do Grao en Enxeñaría Biomédica”, explica Carlota Cañamero, estudante do Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación, integrante e coordinadora dun equipo organizador composto por máis de 70 colaboradores, estudantes das tres escolas, dos que 18 exercen como coordinadores das diferentes áreas (infraestruturas, conferencias, tesourería, comunicación, web…).
A pouco máis dun mes para a apertura de portas do foro, xa está pechada a participación das empresas. Serán en total 41 firmas, incluíndo nomes que son fieis ao evento e acoden todos os anos -Borgwarner, Centum, Gradiant, Optare, Cortizo, Televés, Imatia, PwC, Marine Instruments…- e outras que se incorporan este ano, entre elas Naturgy, Navantia, o Grupo Tragsa ou Coren. “Todas elas son líderes tecnolóxicos que abarcan os sectores IT, a construción, o automóbil e o sanitario”, recalca a coordinadora xeral, quen aclara que, a pesar de ampliar oito postos, axiña se acadou a capacidade máxima e tiveron que deixar fóra varias empresas interesadas en participar.
Engadiu que haberá actividades nas tres escolas. Os postos das empresas situaranse nos vestíbulos de Enxeñaría de Minas e da Enerxía e en Industriais, así como nos corredores que conectan a EEME coa EET. Ademais, “estamos traballando arduamente para concentrar todas as actividades relacionadas cos relatorios, obradoiros e Speed Job Dating na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación”, explica a coordinadora xeral, apuntando xa a ampla variedade de iniciativas que acolle o foro destinadas a facilitar a interacción entre as empresas e os futuros titulados e tituladas do ámbito técnico.
Nos tres días que dura o foro está previsto desde unha recollida de currículos, na que os estudantes poden entregar o seu CV ao persoal de recursos humanos das empresas participantes, ata conferencias ás que todo o mundo pode asistir e informarse sobre o funcionamento das empresas de enxeñaría e os últimos avances de determinados sectores, pasando por obradoiros organizados polas empresas nos que se lle propoñen ao alumnado diferentes retos e actividades para comprobar as súas aptitudes e a súa formación transversal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?