Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pintos&Salgado achéganos solucións ao problema da privacidade na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pintos&Salgado achéganos solucións ao problema da privacidade na Rede

S. P.
Publicado: 20/02/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

pintos_salgado_teresa_regueiro-1.jpgA protección da privacidade na Rede é un tema que xera moito debate en materia de lexislación dixital. Así, estes arquivos de texto que almacenan información dos usuarios son fundamentais para garantir a privacidade, isto ocasiona unha análise de como xestionar os principais sitios web que xeran contido.
Nestes últimos meses, cada vez máis portais de Internet contan cun aviso de cookies distinto ao que o usuario medio estaba afeito: se antes as opcións radicaban nun aceptar ou configuralas (limitando as posibilidades de rexeitalas), agora ou se accede a entregar os datos persoais ou, en pola contra, toca pagar unha subscrición para poder navegar polo sitio web sen restricións.
Nese punto é no que reparan Pintos&Salgado, despacho de avogados da Coruña centrado en dereito dixital, a través de Teresa Regueiro, profesional especializada en protección de datos. Para Regueiro “a nova maneira de xestionar estas cookies informáticas responde ás actualizacións da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) na súa guía de cookies lanzada fai menos dun ano, e que buscaba promover unha maior autonomía do usuario na súa xestión de datos”.
pintos_e_salgado_teresa_regueiro-2.jpg “No pasado, aceptabamos as cookies sen máis, porque nin sequera se nos achegaba unha posibilidade directa de rexeitalas. Era un consentimento forzado, cando debe ser unha manifestación de vontade libre, informada e inequívoca”, continúa Teresa Regueiro.
Desde Pintos&Salgado exponse se esta nova fórmula de consentimento de cookies, baseada principalmente nun muro de pago, tamén respecta iso: estamos a aceptalas libremente cando a alternativa implica un desembolso económico.
Con este novo cambio en canto a directrices legais da nova guía de cookies da Axencia Española de Protección de Datos, que nun principio pretende mellorar a transparencia e empoderar ao usuario sobre o control da súa información persoal, podería desembocar no efecto contrario: renunciar á nosa privacidade para acceder aos contidos, salienta a avogada especialista en dereito dixital
Teresa Regueiro é clara: “esta práctica de obrigar a pagar por rexeitar as cookies o que está a facer é mercantilizar a nosa privacidade. E non só iso, senón que “impedir a navegación por negarnos a ceder os nosos datos tamén comprometería dereitos fundamentais como o acceso á información e á diversidade e pluralidade de fontes informativas”, segundo Regueiro.
Perante esta dobre opción: pagar con datos ou con diñeiro, desde Pintos&Salgado téñeno claro: o usuario seguirá optando por sacrificar a súa privacidade.
O bufete coruñés non quere deixar pasar a oportunidade de achegar unha solución intermedia para usuarios e portais web, principalmente medios de comunicación, que presenten este muro de pago.
“A opción máis equilibrada pasa por ofrecer un contido máis amplo aos consumidores que acepten cookies ou se subscriban e outros máis limitados aos que non desexen prestar os seus datos”. Desta maneira, os medios de comunicación que estruturan o seu modelo de negocio en base ás cookies poderían continuar empregándoas, pero sen pór en risco dereitos fundamentais dos usuarios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?