Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: PuntoGal e Women4Cyber Spain traballarán na perspectiva de xénero no ámbito da ciberseguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

PuntoGal e Women4Cyber Spain traballarán na perspectiva de xénero no ámbito da ciberseguridade

S. P.
Publicado: 08/03/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

women4cyber_wide.jpgA asociación do dominio galego PuntoGal asinou un convenio de colaboración co Spanish Chapter de Women4Cyber, organización de ámbito europeo que busca aumentar a inclusión e a perspectiva de xénero nos traballos relacionados coa seguridade cibernética. Segundo informaron, o convenio servirá de marco para a realización de actividades conxuntas neste ámbito.
Actividades como por exemplo a localización en galego de ferramentas sobre ciberseguridade, a extensión dos programas de Women4Cyber en Galicia, nomeadamente os de mentoring, e a colaboración con outras iniciativas nas que está traballando PuntoGal, como as inseridas no ámbito do nodo CIBER.gal.
Segundo lembra Puntogal, W4C Spain constitúe un espazo de colaboración onde as mulleres na ciberseguridade do mundo académico, da investigación e da industria poden compartir coñecementos, experiencias e rede de contactos, así como motivar a outras mulleres a considerar a ciberseguridade como unha profesión na que desenvolverse e crecer. “En PuntoGal, con este convenio, seguimos apostando pola ciberseguridade como un dos seus programas corporativos máis salientables, así como na visión de xénero no ámbito das TIC”, sinalan dende a asociación.
Sobre a sinatura deste acordo, a presidenta e fundadora de Women4Cyber Spain, Eduvigis Ortiz, explicou que “alegrámonos enormemente de contar co compromiso e participación de PuntoGal como entidade colaboradora da nosa comunidade para apoiar a misión de impulsar e visibilizar o talento feminino co obxectivo de acadar un mundo máis equitativo, diverso e seguro. En W4C Spain, queremos ser promotoras dun cambio social e cultural que implique unha maior participación da muller no ámbito da tecnoloxía en xeral e da ciberseguridade en particular. Para acadar este obxectivo traballamos en diferentes proxectos e iniciativas que, de man de PuntoGal, terán un impacto máis directo para apoiar e desenvolver o talento feminino galego dunha forma moito máis próxima”.
Pola súa banda, Darío Janeiro, director xeral de PuntoGal, comentou que “dentro das accións que está a levar a cabo o dominio para converterse nun referente dentro do ámbito da ciberseguridade, non podemos obviar a distancia que aínda nos falta por percorrer na igualdade de xénero neste ámbito concreto, pero tamén en todo o sector das TIC”. Este convenio, engadiu, “permitiranos organizar ou colaborar con iniciativas que poñan de manifesto o talento feminino que hai en Galicia, visibilizándoo como referencia para as novas xeracións que se están a formar en disciplinas científicas e técnicas. Neste sentido, a colaboración con W4C Spain será unha achega moi valiosa”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?