Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GO DIXITEGA presenta ante o ecosistema innovador da UE a futura plataforma da IGP Tenreira Galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GO DIXITEGA presenta ante o ecosistema innovador da UE a futura plataforma da IGP Tenreira Galega

S. P.
Publicado: 08/05/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

dixitega_conferenciaeupacestoril_2_.jpgO Grupo Operativo DIXITEGA presentou a futura plataforma TIC da IGP Tenreira Galega. Fíxoo na Conferencia da Rede PAC da UE en Estoril, que se celebra esta semana (ata este mércores 8 de maio) onde participa DIXITEGA entre outros grupos convidados e axentes do ecosistema innovador da Unión Europea (arredor dun milleiro de axentes). O proxecto de innovación galego conta cun stand propio desde o que avanzará o funcionamento da plataforma TIC desenvolvida para dixitalizar a cadea de valor da IGP Tenreira Galega.
O obxectivo principal da conferencia é dobre. Por unha banda, resaltar a posta en marcha exitosa da Asociación Europea de Innovación (EIP-AGRI, European Innovation Partnership “Agricultural Productivity and Sustainability”, polo seu nome en inglés) a través dos Grupos Operativos, un dos seus principais piares. Pola outra, aprender desta experiencia para a implementación dos proxectos no marco da PAC 2023-2027.
No evento, Alfonso Ribas, director de Investigación e Innovación da Fundación Juana de Vega, entidade coordinadora do GO DIXITEGA, representará ao consorcio e mostrará os resultados conseguidos ata o momento, así como as fases de traballo que se foron completando desde setembro de 2022 e que culminarán 25 meses despois, a finais de setembro de 2024.
Desde o stand habilitado no Centro de Congressos de Estoril, compartirá un avance da nova plataforma TIC que reúne nun único lugar datos de diferentes fontes para que os axentes da cadea de valor da IGP Tenreira Galega coñezan en tempo real información relevante que les permita optimizar o seu traballo diario.
En xeral, e a través desta aplicación, produtores, cooperativas, industrias alimentarias, cadeas de distribución, organizacións agrarias, centros tecnolóxicos, grupos de investigación ou administracións públicas poderán interactuar e compartir información sobre o custo de materias primas, evolución de prezos, oferta e tipoloxía dos animais dispoñibles para comercialización, estatísticas de produción, sacrificio ou consumo, entre outros.
Contexto: barreiras que xeran oportunidades
dixitega_conferenciaeupacestoril_5_.jpg Segundo explican os impulsores de GO DIXITEGA, o agrogandeiro segue sendo un dos sectores económicos con menor implantación das TIC, “malia que a dixitalización da cadea de valor das producións cárnicas en Galicia é unha das necesidades perentorias para ser máis competitivos e sustentables, tanto económica como social e ambientalmente e, a maiores, cumprir os obxectivos do Pacto Verde Europeo e da Estratexia da Granxa á Mesa”.
Segundo engaden, “as principais barreiras detectadas para a transformación dixital en Galicia son o pequeno tamaño das explotacións e, en xeral, as escasas marxes das unidades produtivas e da industria cárnica, que fan difícil acometer os investimentos; tamén é unha desvantaxe a dificultade de acceso a datos públicos e privados; a existencia de fontes fiables e útiles; a falta de interoperabilidade da información e a dificultade das empresas tecnolóxicas para conectar cun sector altamente atomizado”.
O obxectivo final de DIXITEGA foi, por tanto, “achegar solucións prácticas e innovadoras que respondan a estas barreiras para fomentar a competitividade, a produtividade e a viabilidade dun sector estratéxico para o medio rural de Galicia”.
Xornadas formativas en xuño
En paralelo ao desenvolvemento da aplicación, organizáronse xornadas de divulgación do GO DIXITEGA nos principais centros educativos agrarios de Galicia e en xuño están previstas catro formacións específicas para o sector. Serán en Lugo cidade, Becerreá, Vilalba, A Gudiña e Santiago para que os principais usuarios aprendan a manexar a plataforma do GO DIXITEGA, e consoliden o seu uso como ferramenta para mellora da competitividade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?