Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arrincou na Coruña o servizo de videochamadas da Axencia Tributaria para persoas do rural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arrincou na Coruña o servizo de videochamadas da Axencia Tributaria para persoas do rural

S. P.
Publicado: 08/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

aeat_rural.jpgO servizo da Axencia Tributaria para axudar ás persoas maiores do rural a facer a declaración da renda por medio de videochamada chegou á provincia da Coruña. Concretamente fíxoo este martes 7 de maio nos concellos da Baña, A Capela, Frades, Irixoa, Lousame, Monfero, Santiso e Toques. En vindeiras convocatorias poderán sumarse todos aqueles municipios de Reto Demográfico. Este programa forma parte da aposta por achegar os servizos da AEAT á cidadanía do rural, en especial, ás persoas maiores. A subdelegada María Rivas quixo estar presente neste primeiro día de posta en marcha e comprobar o proceso a través da primeira persoa solicitante de cita que se achegou ao concello da Baña.
Acompañada polo alcalde, José Antonio Pereira, asistiu á posta en funcionamento do novo programa da Axencia Tributaria, dirixido a persoas maiores de 65 anos que residen en concellos de menos de 3.000 habitantes.
Rivas explicou que este programa pioneiro permite facer a declaración da renda a través de videochamada nun espazo ofrecido polos concellos e atendido por persoal de apoio, a aqueles veciños e veciñas de máis de 65 anos que residan nos municipios adheridos e que así o soliciten.
A subdelegada quixo agradecer aos ditos concellos coruñeses o seu compromiso e a súa colaboración, xa que “fixeron o esforzo de participar nesta proba piloto que pon en marcha a AEAT, na que contribúen coa disposición dos espazos e o persoal de apoio para que os contribuíntes poidan realizar a súa declaración da renda a través dunha videochamada”.
Os 8 concellos adheridos na provincia neste primeiro ano, e que forman parte do proxecto piloto inicial, suman unha poboación total de 15.976 habitantes, dos que todas as persoas maiores de 65 e que queiran presentar a súa declaración poderano facer a través deste novo sistema. Deste xeito, cando soliciten cita ofreceráselles a posibilidade dunha videochamada de modo que coa súa cita só terán que achegarse ao concello para ser atendidos polo persoal da Axencia Tributaria podendo presentar na propia sesión de comunicación a súa declaración.
Este novo servizo posto en marcha pola Axencia Tributaria súmase aos xa postos en marcha como A Administración preto de ti ou o programa de carteiros rurais; todas estas iniciativas teñen como finalidade “achegar a administración á cidadanía do rural, sobre todo ás persoas maiores, para que coñezan e teñan a posibilidade de realizar trámites desde os seus concellos e sen necesidade de facer longos desprazamentos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?