Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: UARX Space, galardoada nos Premios Emprende XXI
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

UARX Space, galardoada nos Premios Emprende XXI

S. P.
Publicado: 09/05/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20240508_np_ganadora_exxi_galicia_foto1.jpgA nova firma innovadora UARX Space, con sede en Nigrán e centrada en sistemas para o transporte de satélites (loxística aeroespacial), foi galardoada nos Premios XXI como “a empresa emerxente con maior potencial de Galicia”. Estas distincións, que chegan este ano á súa 17 edición, veñen da man do Ministerio de Industria e Turismo (ENISA) e CaixaBank, a través da súa entidade centrada en empresas de alicerce tecnolóxico: DayOne. A entrega dos Premios Emprende XXI en Galicia, celebrada este mércores 8 de maio, contou co apoio da Xunta de Galicia, a través do IGAPE.
O xurado salientou as capacidades de UARX Space para facer avanzar a industria aeroespacial, contribuíndo ao seu rápido desenvolvemento. Tamén destacou a súa participación no despegue do foguete Ariane 6, da Axencia Espacial Europea, programado para este ano. A persoa encargada de recoller o galardón foi a directora xeral de UARX Space, Yanina Hallak. A startup foi elixida entre case medio cento de candidaturas galegas.
No acto participou a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, onde recoñeceu e felicitou a todas as empresas finalistas, así como á gañadora, que, tal e como subliñou, “son exemplos do nivel excepcional de innovación e dedicación presentes no tecido empresarial galego”.
Na súa intervención, lembrou que está aberta ata o 30 de setembro unha liña de axudas dotada con 1,5 millóns de euros para subvencionar os gastos e investimentos nos que incorran os emprendedores no lanzamento e consolidación das súas startups. “Esta aposta”, dixo, “tamén se reflicte na recente ampliación da rede de aceleradoras, coa incorporación de Climatech, a máis recente business factory, que permite o impulso de proxectos empresariais no sector de solucións ambientais e economía circular, respaldando así a sustentabilidade ambiental do tecido produtivo galego”.
Impulso a través de formación especializada en innovación
Con este galardón, UARX Space recibiu un premio en metálico de 6.000 euros e o acceso a un programa de formación nun hub de innovación de referencia global. Trátase de Moonshot Thinking for entrepreneurs, unha formación especialmente deseñada para startups con alto potencial de crecemento impartida por profesorado de ESADE.
Ademais, UARX Space tamén terá a oportunidade de participar nos Investors Day EmprendeXXI, unhas xornadas onde poderán manter contacto con investidores e empresas interesadas en colaborar co ecosistema emprendedor, e pasarán a formar parte da comunidade AlumniXXI, composta por fundadores e gañadores de edicións pasadas.
A entrega dos Premios EmprendeXXI, celebrada no marco do DayOne Innovation Summit Galicia, contou tamén coa presenza do conselleiro delegado de ENISA, Borja Cabezón, e a directora comercial de Rede Galicia de CaixaBank, Marta Albela. O xurado encargado de seleccionar á empresa gañadora estivo composto por membros relevantes do ecosistema galego de emprendemento e innovación, como Unirisco, XesGalicia, Bioga, Mestrelab ou Zendal.
As empresas máis innovadoras e con maior potencial de Galicia
Ademais de UARX Space, no evento participaron o resto de startups finalistas en Galicia, que tiveron a oportunidade de presentar os seus proxectos:
-Diversa Technologies. Spin-off xurdida do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e do SERGAS. Colabora con empresas farmacéuticas e biotecnolóxicas para buscar solucións, a través da aplicación de nanotecnoloxía, que permitan o desenvolvemento de fármacos e terapias innovadoras en eidos como a oncoloxía ou as enfermidades raras. O seu obxectivo último é mellorar a calidade de vida das persoas a través da medicina de precisión.
-Enzicas bio. Startup que elabora aditivos alimentarios sostibles a partir do amidón de castaña. As súas solucións biotecnolóxicas facilitan os procesos de maduración de produtos lácteos e cárnicos, ao diminuír os seus tempos e reducir custos.
-Kreios Space. Empresa aeroespacial que desenvolve sistemas de propulsión eléctricos e sustentables para satélites. A súa innovadora tecnoloxía permite reducir as órbitas actuais nas que operan os satélites, diminuíndo o custo das misións e a xeración de lixo especial, á vez que incrementan o tempo de vida deste tipo de vehículos.
-Nova Industria Galega (NIGAL). Desde a súa sede en Ribadeo pretende democratizar e poñer ao dispor das empresas toda a información que xeran nos seus procesos industriais. Para iso deseñan solucións a medida, en base á Intelixencia Artificial e a aprendizaxe máquina. Nestes momentos conta no mercado con aplicacións de monitoraxe e análise para os sectores vinícola, forestal e de xestión de residuos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?