Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant lidera un proxecto para impulsar un modelo integral de coidado de pacientes con feridas crónicas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant lidera un proxecto para impulsar un modelo integral de coidado de pacientes con feridas crónicas

S. P.
Publicado: 09/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gradiant_icarewounds.jpgO Centro Tecnolóxico Gradiant e o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS), xunto a un consorcio integrado por outras seis entidades, pon en marcha iCareWounds, unha alianza europea para impulsar un modelo integral de coidado de pacientes de feridas crónicas. O obxectivo desta investigación baseada en IA (liderada polo centro tecnolóxico galego e que comeza a súa actividade este mes de maio cunha duración de tres anos) é facilitar o labor dos profesionais sanitarios.
O proxecto, explica Gradiant, “permitirá optimizar os procesos, facilitar ao persoal sanitario a toma de decisión sobre os mellores tratamentos en cada situación, reducir os tempos de curación e o custo en apósitos e outros recursos sanitarios”. Ademais, “facilitará a personalización dos coidados, dotará aos médicos de ferramentas para optimizar a atención, posibilitará a comunicación e colaboración entre niveis asistenciais e a prestación de coidados sen fisuras e evitará a aparición de eventos adversos”.
Luis Pérez Freire, director xeral de Gradiant, apunta que “coa activación deste proxecto queremos dar resposta á necesidade de homoxeneizar e xeneralizar os tratamentos acordes ás guías clínicas internacionais e expornos o reto de desenvolver ferramentas que sexan factibles de implantar en sistemas sanitarios reais, permitindo maximizar a usabilidade por parte dos sanitario; para iso, partiremos dunha análise inicial dos procesos que se seguen actualmente en distintos hospitais europeos no tratamento de feridas crónicas e integraremos tecnoloxías de IA para a análise das mesmas”.
Pola súa banda, José Manuel Rosendo, investigador do Grupo de Investigación Calidade de Vida e Economía da Saúde “QoLE” do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur e supervisor da Unidade de Asesoría en Feridas e de Procesos e Coidados da Área Sanitaria de Pontevedra liderará o estudo clínico multicéntrico que se levará a cabo en tres países (Irlanda, Polonia e España). Xunto a el, a tamén enfermeira Ana García Fernández e o enfermeiro José Antonio Esperón Güímil (membro do comité de dirección do Grupo Nacional para el Estudo y Asesoramiento en Úlceras por Presión y Heridas Crónicas-GNEAUPP), tamén investigadores de “QoLE”).
Ademais, o IISGS coordinará a implicación de diferentes actores e partes interesadas que axuden ao desenvolvemento do proxecto.
Cun financiamento de 1,5 millóns de euros e co-financiado pola Comisión Europea, co apoio de axencias nacionais como o Instituto de Saúde Carlos III, ICAREWOUNDS desenvolverase da man de entidades como o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (España), CyberEthics Lab (Italia), Medical University of Lodz (Polonia), University College Dublin (Irlanda), Lappeenranta-Lahti University of Technology LUT (Finlandia) e Sigoria Security Solutions Ltd (Polonia).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?