Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As 14 startups de ViaGalicia VII presentan os seus proxectos ante investidores internacionais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As 14 startups de ViaGalicia VII presentan os seus proxectos ante investidores internacionais

S. P.
Publicado: 10/05/2024
9 Min de Lectura
Compartir
9 Min de Lectura

investors_day_zona_franca_via_galicia_regades.jpgAs 14 startups da 7.ª edición de ViaGalicia presentaron este 9 de maio os seus innovadores proxectos e defendido a súa viabilidade e proxección de futuro ante un recoñecido panel de investidores, fondos de investimento e potenciais socios industriais nacionais e internacionais, no Investor´s Day celebrado esta tarde na sede do Consorcio da Zona Franca de Vigo.
O delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, foi o encargado de dar a benvida ás firmas participantes e aos investidores. Estivo acompañado pola directora da Área de Servizos da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Fernández Liz.
Como novidade, o Investor´s Day celebrouse este ano no marco do congreso The Way Startup Summit, en cuxa apertura institucional participou este xoves o propio Regades, quen salientou que “a contorna que constitúe este evento, coa presenza dos principais axentes do ecosistema galego, así como dun importante grupo de investidores, crea as mellores condicións para crear sinerxías con ViaGalicia”.
O Investor´s Day constitúe o acto de peche do programa de aceleración e pon o broche final aos doce meses de formación e asesoramento dos proxectos participantes nesta sétima edición.
No evento celebrado na tarde deste xoves, as startups deron a coñecer os seus innovadores modelos de negocio e defendido os seus proxectos no que supón a súa posta de longo ante investidores e representantes de fondos de investimento reais.
As novas firmas innovadoras da 7.ª edición
-Ara de Rey. Unha proposta baseada na elaboración de pezas únicas, deseñadas e confeccionadas desde cero integramente en Galicia. A súa peza estrela é a Bullina, unha chaqueta que se caracteriza pola súa inspiración española clásica que combina técnicas vangardistas e de alta costura. Zoe Rey, CEO e fundadora, presentou o proxecto no Investor´s Day.
-BeFlamboyant. Deseñan e fabrican calzado vegano, sostible, de comercio xusto e unisex, á vez que crean conciencia do impacto que xera a pegada do ser humano no medio ambiente. Utilizan o millo, a piña, a uva ou a mazá para os seus deseños. A encargada de presentar o proxecto foi Tatiana González, co-fundadora.
-Breiko Breiko. Unha aplicación na que se recolle información útil e actualizada sobre incidencias da rede de estradas, autovías, autoestradas e vías rápidas de España; ademais de acceso a gasolineiras coas súas cotizacións diarias e puntos de interese, valorados por outros transportistas. O encargado de presentar a proposta innovadora foi David F. Veloso, COO e co-fundador.
-ByRoomNumber. Desenvolveu unha solución de check-in en lña para hostalaría premium que permite ao hóspede seleccionar a habitación exacta na que se vai a aloxar no momento de realizar a reserva. O encargado de presentar a proposta innovadora foi Diego Castro, CPO da compañía.
-Cuotalis. Unha aplicación web que automatiza e dá maior solidez xurídica aos procesos de reclamacións de débedas de comunidades de propietarios. O encargado de presentar o proxecto foi Abraham Tenoira, CEO e cofundador.
-Festigaleiros. Unha plataforma que promociona e integra toda a información de mercados, feiras, festivais e festas de Galicia de forma completa, actualizada, xeolocalizada e personalizada; ademais dunha comunidade na que ter un usuario, buscar por preferencias e estar informado das novidades relativas coa cultura popular galega e o seu patrimonio inmaterial. A encargada de presentar o proxecto foi Vanesa Rivas, CEO e fundadora.
-GoTrucki. Unha APP dirixida a profesionais do transporte, tanto para autónomos como para traballadores por conta allea, que exerce de mercado para a negociación e contratación entre usuarios-condutores co obxectivo de evitar paradas obrigatorias. A proposta foi defendida ante os investidores por Álvaro Baena, CEO e fundador.
-Minimelis. Firma centrada na fabricación en Galicia de lambonadas con vitaminas, probióticos, minerais, melatonina, sen azucre e veganas, que se distribúen a través de diferentes canles, ademais do tradicional. Jorge Núñez, CEO e fundador; e Mercedes Toscano, CMO e fundadora; foron os encargados de presentar o proxecto.
-Neutron Insights. Unha solución innovadora de tomografía industrial por emisión de neutróns. Con esta tecnoloxía foron capaces de ampliar a capacidade de análise de materiais e examinar a súa composición química, o que lles permite, entre outras aplicacións, detectar fallas en infraestruturas metálicas sen necesidade de técnicas invasivas. A proposta da startup foi presentada por Pablo Cabanelas, CKO e co-fundador.
-ODS Protein. Unha revolucionaria proposta para producir proteínas a partir de fermentación de fungos, convertendo residuos da industria alimentaria en novas fontes de ingredientes para o consumo humano. Constituíuse en 2021 cun equipo liderado por Iria Varela, que presentou o seu proxecto ante os investidores, e xa cultivou diferentes premios con este proxecto como Empowering Women in Agrifood (EWA) 2022 España, Top 100 Novos Talentos Gastronómicos 2022 do Basque Culinary Center, ou Mellor Iniciativa Empresarial por AJE Vigo 2022, que lles brindou aloxamento no Viveiro de Empresas de Porto do Molle da Zona Franca de Vigo.
-Soul Auto. É a primeira plataforma española na Internet de referencia de compra-venda de coches especiais mediante poxas. Marcos Jorge, co-fundador da startup, foi o encargado de realizar a presentación do proxecto.
-Suite ACRE. A plataforma Acre que facilita a xestión do espazo aéreo de UAVs en emerxencias. No Top 100 de Mellores Startups da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) 2024. Presentou o proxecto no Investor´s Day Rubén Gil, CEO e fundador de Suite ACRE.
-Vancubic. A súa proposta de valor transforma furgonetas en auténticas casas móbiles, pero cunha forma moi orixinal de facelo. Vancubic ofrece módulos sinxelos e rápidos de montar e desmontar, de modo que calquera persoa que teña unha furgoneta de traballo pode convertela nunha casa con rodas en menos dunha hora. Jordán Díaz, CEO e co-fundador, realizou a presentación do proxecto.
-Vanetta. Esta startup está aposta por un modelo innovador no ámbito da alimentación, un proxecto de carne vegana, que non só busca alternativas aos sabores tradicionais, senón que quere provocar un impacto real na sociedade. En ViaGalicia avanzaron na industrialización dos seus procesos e recentemente obtiveron o Premio AJE á Mellor Iniciativa Emprendedora. Águeda Ubeira, CEO e co-fundadora de Vanetta, foi a encargada de presentar a súa innovadora proposta.
Balance de ViaGalicia
ViaGalicia é unha acelerador pública impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia, cuxo obxectivo é apostar por proxectos innovadores, acelerables e investibles que diversifiquen o tecido empresarial en Galicia, modernizar e dinamicen sectores estratéxicos e cren emprego cualificado.
Este programa axuda ás startups na validación, posta en marcha, financiamento e consolidación dos seus proxectos. Todo iso a través dun programa de 12 meses de duración que combina, baixo a supervisión dun equipo de expertos, obadoiros, asesoramento, mentoring, espazo de traballo en coworking e financiamento.
Desde 2014 completáronse 7 edicións de ViaGalicia, nas que se analizaron máis de 1.500 propostas presentadas e axudado a definir o seu modelo de negocio a máis de 200 proxectos empresariais.
En total creáronse 93 novas empresas que, tras a súa participación en ViaGalicia, recibiron máis de 10 millóns de euros de financiamento directo no programa. Delas, un 63% permanecen activas, superando os 45 millóns de facturación no último ano e pechando roldas de financiamento por valor de 60 millóns de euros. ViaGalicia contribuíu á creación de máis de 500 novos empregos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?