Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Ministerio recibe máis de 100 candidaturas para a Dirección Xeral da AESIA, con sede na Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Ministerio recibe máis de 100 candidaturas para a Dirección Xeral da AESIA, con sede na Coruña

S. P.
Publicado: 10/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O Edificio da Terraza na Coruña, sede da AESIA
O Edificio da Terraza na Coruña, sede da AESIA
O Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, pechou o proceso de presentación de candidaturas para ocupar a Dirección Xeral da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA), que terá a súa sede na Coruña, no Edificio da Terraza. A convocatoria, lanzada o pasado 8 de abril, buscaba atopar ao perfil idóneo para liderar esta institución pioneira en Europa.
Os requisitos para os candidatos incluían experiencia académica e técnica en IA, habilidades de xestión e liderado, coñecemento legal e perspectiva ética, así como unha ampla rede de contactos no ámbito empresarial, institucional e académico.
A vacante tivo unha gran acollida, pois no mes no que estivo aberto o proceso presentáronse un total de 106 candidaturas con perfís variados que abarcan desde o mundo empresarial ata o académico. Ademais, a experiencia acreditada polos candidatos, así como os traballos de reflexión para plasmar a súa visión da AESIA demostraron, en palabras do equipo de avaliación, “unha calidade impecable do talento español en materia de Intelixencia Artificial”.
Para continuar co proceso, a secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial e presidenta da AESIA, designou un grupo de expertos para que asesoren na avaliación dos candidatos en base á súa experiencia e coñecemento do ecosistema tecnolóxico español e global.
O grupo de expertos está integrado por Jordi Torres, experto en arquitecturas de computación de alto rendemento, Claudio Feijóo, especializado na economía dixital e a transformación tecnolóxica, Nuria Oliver, coñecida pola súa investigación en modelos computacionas de comportamento humano e sistemas intelixentes, e Daniel Innerarity, filósofo político con enfoque na gobernanza da tecnoloxía.
Coa creación deste grupo de expertos para o asesoramento na avaliación das candidaturas, a AESIA lembra que se reafirma o seu compromiso “cunha supervisión da IA que sexa ética, responsable e acorde coas necesidades da sociedade española, ademais dun proceso de selección transparente e obxectivo”. E engade a axencia: “A interdisciplinariedad dos perfís do grupo, así como a súa experiencia no sector serán fundamentais para completar unha avaliación obxectiva e detallada dos candidatos, tendo en conta a alta esixencia que supoñerá a Dirección Xeral da AESIA”.
En cuestión duns días o grupo de expertos presentará unha avaliación acompañada de propostas de designación á secretaria de Estado para seleccionar ao candidato ou candidata ao longo do mes de maio de maneira que sexa posteriormente nomeado ou nomeada polo Consello Reitor da Axencia. Unha vez designada a persoa que dirixirá a AESIA, iniciaranse os traballos de selección do resto do persoal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?