Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago incorpora o programa de apoderamento tecnolóxico FemCoders ao seu plan de emprego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago incorpora o programa de apoderamento tecnolóxico FemCoders ao seu plan de emprego

S. P.
Publicado: 10/05/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

María Rozas, Xavier Ferreiro e Rebeca Rodríguez na presentación do programa
María Rozas, Xavier Ferreiro e Rebeca Rodríguez na presentación do programa
Un cento de mulleres desempregadas están a recibir formación e asesoramento no marco do Programa Integrado de Emprego que desenvolve o Concello de Santiago, a través da concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. A súa responsable, María Rozas, deu conta das actividades, que se desenvolven ata o mes de novembro. Entre elas destaca a acción FemCoders, unha actividade innovadora dirixida a reducir a fenda dixital de xénero no sector tecnolóxico.
FemCoders celébrase en colaboración con Factoría F5, unha asociación sen ánimo de lucro que ten en marcha a primeira rede de escolas dixitais solidarias, inclusivas e gratuítas do Estado. Santiago incorporouse a esta acción, “que non é unha formación ao uso, senón que se basea nun traballo práctico moi intensivo e un acompañamento posterior e un labor de mediación coas empresas para lograr a inserción laboral das participantes”.
A representante de Factoría F5, Rebeca Rodríguez, explicou que a entidade traballa con colectivos vulnerables, “co obxectivo de tender pontes entre estas persoas e o sector tecnolóxico, coas empresas que tamén teñen dificultades para procurar determinados perfís profesionais”. A actividade consiste no desenvolvemento de obradoiros intensivos, cun enfoque totalmente práctico e orientado cara a inserción laboral. Deste xeito, as mulleres participantes recibirán unha formación de 850 horas en seis meses, a través dunha aula virtual na que traballan en tempo real e en equipo. A formación está centrada no desenvolvemento de páxinas web, e non se requiren coñecementos previos de programación. Rematada a fase da formación, Factoría F5 mantén o asesoramento de cara a inserción laboral.
O programa FemCoders de Factoría F5 chega a Santiago coa garantía de ter sido elixido finalista do Google.org Impact Challenge for Women and Girls 2021, entre case 8.000 proxectos presentados, destinados ao apoderamento feminino. O ano pasado, esta actividade logrou unha taxa de éxito do 76% entre as persoas participantes no norte do Estado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?