Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Grupo Integrado de Enxeñaría da UDC celebrou o seu 25 aniversario
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Grupo Integrado de Enxeñaría da UDC celebrou o seu 25 aniversario

S. P.
Publicado: 13/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

enxenaria_ferrol_grupo_integrado_25_aniversario.jpgO Grupo Integrado de Enxeñaría (GII) da Universidade da Coruña celebrou o pasado venres 10 de maio o acto conmemorativo do seu 25 aniversario. A cita, que tivo lugar no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus de Ferrol, reuniu a máis de 100 persoas entre persoal investigador, empresas e institucións. Ao encontro acudiron por exemplo Ricardo Cao, reitor da UDC e investigador do CITIC, e Ana Ares, vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social.
Cao resaltou “a interdisciplinariedade” do Grupo Integrado de Enxeñaría, do que unha parte dese persoal investigador está adscrito ao Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) e a outra ao Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), emprazado no Campus de Ferrol. Pola súa banda, Ana Ares destacou todo o traballo realizado ao longo destes 25 anos no eido da innovación docente. A primeira parte do evento finalizou coa intervención de Richard Duro, coordinador do grupo e investigador do CITIC.
No seu 25 aniversario, o Grupo Integrado de Enxeñaría quixo recoñecer á Universidade da Coruña, á Fundación Universidade da Coruña (FUAC), ao Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC), ao Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), ao Centro Mixto de Investigación CEMI UDC – Navantia e ao Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).
Durante o acto entregáronse galardóns ao persoal investigador máis novo do grupo, entre os que se atopan José Antonio Becerra Permuy, do CITIC, Arsenio Iglesias e Silvia Fernández. O GII tamén recoñeceu o traballo realizado ao longo de toda a súa carreira universitaria a catro dos seus investigadores sénior: José Daniel Pena Agras, Alejandro García del Valle, Fernando Junco Ocampo e Fernando López Peña.
O Grupo Integrado de Enxeñaría da Universidade da Coruña está conformado por un equipo multidisciplinar de 55 persoas vinculadas a áreas de coñecemento como a enxeñaría naval e industrial, a computación ou a organización da produción.
Desde a súa creación, en 1999, o Grupo Integrado de Enxeñaría da UDC ten traballado no eidos da enxeñaría naval, a enxeñaría de fluídos, a organización industrial e da produción, a robótica ou a Intelixencia Artificial. O seu obxectivo primordial é “contribuír á mellora tecnolóxica da industria na súa contorna máis próxima e á formación de doutores e doutoras de nivel internacional”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?