Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno achega axudas de 5 millóns para o impulso da 6G na provincia pontevedresa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno achega axudas de 5 millóns para o impulso da 6G na provincia pontevedresa

S. P.
Publicado: 13/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_campus-2.jpgO Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública vén de publicar a resolución definitiva da convocatoria do programa ÚNICO I+D 6G 2023. O programa destinará 5,1 millóns de euros de fondos europeos NextGenerationEU do Plan de Recuperación a 5 proxectos da provincia de Pontevedra “co obxectivo de fortalecer o ecosistema de investigación ao redor da próxima xeración de tecnoloxía móbil”.
A Universidade de Vigo, que recibirá 4.585.626 de euros para desenvolver tres proxectos, é a principal entidade beneficiaria da provincia, xunto coa empresa viguesa Optare Solutions, que terá unha axuda de 272.696 euros e a porriñesa Quobis Networks, que disporá dunha achega de 262.177 euros.
As tres entidades, que repiten como beneficiarias do programa un ano máis, acaparan máis do 8% dos fondos repartidos en cada unha das liñas de axudas (a primeira destinada a mellora da infraestrutura e equipos de investigación universitarios, e a segunda dedicada a iniciativas empresariais de desenvolvemento experimental 5G).
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, incidiu en que estas “achegas consolidan a área de Vigo como polo de referencia científico-técnica, cunha Universidade e empresas con capacidade de competir, atraer e reter investimentos e axudas, situando á provincia á cabeza no mapa de desenvolvemento da tecnoloxía 6G”.
O subdelegado lembrou que estes investimentos súmanse aos máis de 7,4 millóns de euros repartidos na convocatoria anterior. “En total”, dixo, “o Goberno investiu máis de 12,5 millóns de euros para desenvolver doce proxectos na provincia e situar a Vigo á vangarda desta tecnoloxía disruptiva”.
Tamén engadiu que a estratexia de impulso da 5G e a 6G elaborada polo Goberno persegue “liderar a despregadura destas tecnoloxías en Europa como eixo prioritario da Axenda España Dixital investindo para eso preto de 1.500 millóns de euros en global”.
A intención é que o país poida usar esta tecnoloxía como elemento transformador económico e social, sinalou, engadindo que co dito obxectivo puxéronse en marcha programas que cobren todas as fases de desenvolvemento destas novas tecnoloxías de comunicación móbil en España con máis de 300 millóns de axudas. “Todo isto acompañado do investimento de máis de 1.000 millóns de euros para ampliar a despregadura das infraestruturas para dotar de cobertura 5G a municipios de menos de 10.000 habitantes por todas as provincias de España”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?