Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Outes lanza unha aplicación gratuíta ao servizo da veciñanza
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Outes lanza unha aplicación gratuíta ao servizo da veciñanza

S. P.
Publicado: 14/05/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

app_informa_outes_manolo_gonzalez_anxo_nunez.jpgO alcalde de Outes, Manuel González, e o tenente alcalde e concelleiro de Comunicación, Anxo Núñez, presentaron esta semana a aplicación móbil municipal Outes Informa, unha ferramenta gratuíta ao servizo da cidadanía para que residentes e visitantes teñan “acceso doado e sinxelo a toda a información municipal de relevancia”, sinalaron.
En palabras do alcalde, “esta aplicación supón un salto cualitativo nas comunicacións do Concello, xa que Outes informa servirá para informar a golpe de clic de todas as actividades e procesos administrativos da Administración local máis tamén para que a cidadanía lle envíe ao Concello incidencias e propostas de toda índole”. E engadiu: “A través desta aplicación as veciñas e veciños poderán ver e recibir notificacións sobre avisos, anuncios e novas municipais. Poderán consultar a axenda de eventos e actividades municipal, visualizar os vídeos dos plenos e roldas de prensa oficiais. Poderán tamén comunicarse directamente co Concello para enviarnos propostas ou incidencias”.
O tenente alcalde fixo fincapé en que “esta aplicación supón un grande avance na comunicación en dous sentidos entre a veciñanza e o Concello. Queremos que non quede ninguén sen ter na súa man toda a axenda de actividades e servizos que ofrece o Concello así como poder recibir os avisos e novas municipais en tempo real. Damos un paso máis dentro do noso plan de mellora de comunicación que comezamos hai uns meses e que seguiremos ao longo deste ano tamén renovando a páxina web municipal.”
A aplicación Outes Informa tamén achega os xeitos de contactar cos distintos servizos municipais e outros teléfonos de interese, coñecer máis sobre o patrimonio local ou obter un listado co comercio do termo municipal e de proximidade.
A aplicación está dispoñible para a súa descarga nas versións de Android e iOS.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?