Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha delegación da Universidade Tecnolóxica de Sidney visitou o Campus de Ferrol
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha delegación da Universidade Tecnolóxica de Sidney visitou o Campus de Ferrol

S. P.
Publicado: 15/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

universidade_tecnoloxica_sidney_campus_ferrol.jpgO Campus de Ferrol (Universidade da Coruña) recibiu este martes 14 de maio unha visita de representantes da Universidade Tecnolóxica de Sydney no marco dun programa de colaboración entre universidades españolas e australianas que promove Navantia Australia. A delegación foi recibida no Vicerreitorado polo reitor Ricardo Cao, a vicerreitora do Campus, Ana Ares, e o director do Campus Industrial da UDC, Marcos Míguez.
Na cita tamén participaron o director da Escola Politécnica (EPEF), Vicente Díaz, o director do Centro Mixto UDC-Navantia Pablo Fariña; e o coordinador do Grupo Integrado de Enxeñaría da UDC, Richard Duro..
A delegación australiana estivo encabezada polo vicerreitor e presidente da Universidade Tecnolóxica de Sydney, Andrew Parfitt; o vicerreitor adxunto da área de Internacional e vicepresidente, Iain Watt; o director adxunto da área de Relacións Globais, Innes Ireland; e a decana da Facultade de Enxeñaría e Tecnoloxías da Información, Peta Wyeth.
Viñeron acompañados do responsable de I+D+i de Navantia, Carlos Blanco, e polo responsable da oficina tecnolóxica de Navantia Australia, Jenaro Sánchez.
Ao longo da xornada, as e os visitantes tiveron a oportunidade de achegárense ata as instalacións de Navantia Ría de Ferrol onde foron recibidos polo seu director, Eduardo Dobarro. Xa no Campus Industrial de Ferrol, visitaron o Laboratorio de Mecánica de Fluídos e a Canle de Ensaios Hidrodinámicos, situados no Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI).
Fontes da UDC lembraron que a relación de Navantia Australia e da Universidade Tecnolóxica de Sydney “vén de lonxe”. Recentemente en novembro de 2023, presentaron no marco da Exposición Internacional do Indo-Pacífico un novo proxecto conxunto, o Instituto Marítimo de Tecnoloxías para o Fomento da Investigación e o Desenvolvemento de Tecnoloxías Dixitais para o Sector Marítimo (Marintec), situado no edificio central da universidade australiana.
Desta colaboración entre Navantia Australia e a Universidade Tecnolóxica de Sydney xurdiron acordos de colaboración con universidades españolas, entre elas, a Universidade da Coruña. A titorización conxunta do alumnado de programas de doutoramento e a materialización de proxectos de investigación no eido dos usos da Intelixencia Artificial (IA) na aprendizaxe e no dos sistemas autónomos colaborativos través do Grupo Integrado de Enxeñaría serán as dúas liñas de traballo a desenvolver nos próximos anos desde o Campus Industrial de Ferrol.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?