Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG concede o Premio Traxectoria Profesional a Olaia Vázquez
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG concede o Premio Traxectoria Profesional a Olaia Vázquez

S. P.
Publicado: 15/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

olaia_vazquez_sanchez_-_1.jpgO Premio Traxectoria Profesional da XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia 2024 que concede o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) xa ten gañadora, trátase da enxeñeira en informática Olaia Vázquez Sánchez.
Olaia Vázquez Sánchez (A Coruña, 1980) é enxeñeira en Informática pola Universidade da Coruña (UDC), é diplomada en Estatística en Ciencias da Saúde pola Universidad Autónoma de Barcelona, máster en Dirección de Empresas TIC pola Escola de Negocios Caixanova e High Impact Leadership Program polo IE University. Vinculada ao grupo de investigación do Laboratorio de Bases de Datos (LBD) da Universidade da Coruña. Formou parte da unidade de investigación, desenvolvemento e innovación en sistemas de información sanitarios na Fundación do Hospital da Coruña. Desde 2010, Olaia Vázquez forma parte do equipo de Tecnoloxía de Inditex, onde actualmente coordina a área de Datos Global dentro do Departamento de Datos.
Voltando ao premio, informar que Olaia Vázquez recibirá o galardón na XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galician, que se celebrará o 21 de xuño no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago. O evento é un punto de encontro entre as colexiadas e colexiados do CPEIG e un gran
número de empresas e profesionais TIC de Galicia, é unha gala onde o Colexio profesional pretende amosar a sociedade o traballo desenvolto por enxeñeiras e enxeñeiros en informática dentro da sociedade da información e as iniciativas relacionadas co eido das TIC.
O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, sinala que este recoñecemento a Olaia Vázquez é, sen dúbida, unha “merecida homenaxe á súa sobresaínte carreira” no campo da Enxeñaría en Informática. “Olaia Vázquez demostrou un compromiso excepcional coa excelencia e a innovación durante máis de dúas décadas de servizo no sector tecnolóxico. O seu papel actual, como responsable de datos en Inditex, salienta a súa capacidade para liderar e transformar a estratexia empresarial mediante a optimización e o aproveitamento de datos. Ademais do seu indubidable talento profesional, é coñecida pola súa proximidade e simpatía, calidades que a fan especialmente valorada por colegas e amigos” –argumentou o presidente–. Esta distinción, asegura Suárez, non só reflicte a súa dedicación e habilidade profesional, senón que tamén subliña “a importancia da representación feminina en roles tecnolóxicos e de liderado, inspirando así a futuras xeracións de enxeñeiras”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?