Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O campamento da Tecnópole mostrará como pilotar con simuladores de voo e como construír drons
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O campamento da Tecnópole mostrará como pilotar con simuladores de voo e como construír drons

S. P.
Publicado: 15/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

campamento1_.jpgO Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) promove un ano máis a XII edición do campamento tecnolóxico de verán T2W (Tecnópole Technological Workshops). Realízase en colaboración coa Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia. Esta iniciativa forma parte da aposta de Tecnópole pola “divulgación científica de calidade entre os máis novos”.
Diríxese a un total de 80 rapaces e rapazas de entre 12 e 18 anos, de 6º de Primaria a 2º de Bacharelato (40 en cada quenda). Haberá unha primeira quenda do 1 ao 5 de xullo e unha segunda do 8 ao 12 de xullo, en horario de 10:00 a 18:00 horas. O prazo máximo para formalizar a inscrición será a finais de maio ou ata que se cubran as prazas dispoñibles, a través da web de T2W.
A Tecnópole explica que “debido ao éxito obtido co módulo Voamos con números: unha aventura aérea levado a cabo durante o curso escolar na Aula Newton Galicia”, instalada no Parque, a Tecnópole decidiu celebrar o seu campamento tecnolóxico de verán aproveitando a metodoloxía e os recursos empregados nesta Aula.
tecnopole_campamento3-2.jpg Tal como destacan, “o eido da aeronáutica e o espazo é un dos que máis interese espertan entre o alumnado”. Así, o campamento oferta un conxunto de actividades didácticas e amenas que permitirán aos participantes introducirse nos conceptos básicos da aviónica e a electrónica necesarios para o desenvolvemento de proxectos aeroespaciais. Entre outras actividades, os asistentes aprenderán a pilotar utilizando simuladores de voo profesionais, crearán plans de voo, iniciaranse na montaxe e manexo de drons, na programación de placas electrónicas e mesmo realizarán prototipos mediante impresión 3D.
O custo do campamento é de 150 euros. Ademais de todas as actividades e os materiais tecnolóxicos e científicos, inclúese o transporte desde varios puntos da cidade de Ourense, a comida e o acceso diario ás piscinas do Parque.
A través desta experiencia procúrase 2que o alumnado adquira novos coñecementos científicos e tecnolóxicos, preténdese potenciar neles actitudes como a curiosidade e o espírito emprendedor, entre outras”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?