Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Balidea busca integrar grandes modelos da linguaxe en contornas sociosanitarias
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Balidea busca integrar grandes modelos da linguaxe en contornas sociosanitarias

S. P.
Publicado: 16/05/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

balidea_mock_falai.jpgA galega Balidea, dende a súa área de Innovación, leva anos indagando sobre os grandes desafíos da comunicación co mundo dixital, que pasan polo emprego da voz. Dende esta óptica busca achegar solucións que faciliten a interacción con persoas que teñen menos capacidades TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) e facelo tamén para os idiomas con menos recursos no ámbito dixital, como é o caso do galego. É por iso que está a traballar na integración de grandes modelos da linguaxe en contornas específicas, como é a sociosanitaria.
“Aos LLMs (Large Language Model) dispoñibles neste momento fáltalles contexto para poder interactuar con plenitude en galego, posto que non abonda co coñecemento do idioma, senón que precisan tamén dispoñer dun coñecemento máis profundo de toda a cultura que rodea á lingua”, sinalan dende a compañía.
Neste contexto, Balidea está apostando pola integración dos grandes modelos da linguaxe nos asistentes que está a desenvolver, asumindo os grandes retos que isto supón. “O problema destes modelos é que o seu mantemento é moi caro, polo que é un reto agora mesmo saber como integralos tendo gobernanza de datos e poder adaptalos, sendo viable economicamente”, argumentan. O outro grande desafío é lograr o seu óptimo funcionamento para o contexto desexado. Para isto en Balidea están partindo de modelos libres, adaptándoos sen perder ningunha das súas prestacións e adestrándoos de novo para unha contorna específica de aplicación.
Xa hai un ano, lanzaban a iniciativa FalAI, co obxectivo de recoller voces en galego que lles permitisen agora ter un punto de partida para ese adestramento. Lograron así reunir a base de datos aberta máis grande do mundo en calquera idioma. O éxito do proxecto non quedou aí e a súa campaña de difusión, unha creatividade da axencia Recados Carmen, acadou unha grande repercusión e recoñecemento con premios como o Paraugas de Ouro á Mellor Campaña con Impacto Positivo e o Mestre Mateo na categoría de mellor anuncio publicitario.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?