Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC acollerá unha xornada para analizar a perspectiva de xénero na investigación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC acollerá unha xornada para analizar a perspectiva de xénero na investigación

S. P.
Publicado: 20/05/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

A relatora da xornada Eva López Barrio nunha imaxe da USC
A relatora da xornada Eva López Barrio nunha imaxe da USC
Será mañá, martes 21 de maio, cando o CITIC da UDC acolla a xornada A perspectiva de xénero na investigación, neste encontro tratarase o tema de Como se introduce a perspectiva de xénero na investigación? Sendo a protagonista deste relatorio Eva López Barrio, responsable do programa Woman Emprende e coordinadora do proxecto Innovatia 8.3 do Instituto das Mulleres.
Eva López Barrio é licenciada en Ciencias Económicas pola USC e desde 2012 é titora das Axudas Emega da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, apoiando a consolidación de empresas femininas beneficiarias desta axuda.
As persoas asistentes, a través dunha metodoloxía participativa, contarán cunha visión completa sobre cales son os elementos para ter en conta na elaboración de propostas con perspectiva de xénero e as claves para desenvolver cada unha delas. Durante a sesión, dirixida a persoal do CITIC, Eva López, fará unha introdución sobre conceptos clave como sexo e xénero e a incorporación da perspectiva de xénero á xestión de persoas e a actividade investigadora. Asemade, abordarase a perspectiva de xénero desde o punto de vista organizativo, como incorporala á planificación estratéxica do centro, na selección de áreas de investigación e en achegar pautas sobre a igualdade de oportunidades. A incorporación da perspectiva de xénero na actividade investigadora e o proxecto Innovativa 8.3 serán outros dos temas que se traten nesta sesión, para a que as persoas que o desexen poden inscribirse no formulario habilitado polo CITIC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?