Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A compañía californiana Denodo recibe o Premio Iniciativa Empresarial do CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A compañía californiana Denodo recibe o Premio Iniciativa Empresarial do CPEIG

S. P.
Publicado: 20/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

angel_vina.jpgA gala que celebra O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) baixo o nome de XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia 2024 terá lugar o 21 de xuño no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago. Neste acto farase entrega do Premio Iniciativa Empresarial á empresa Denodo, compañía referente na xestión de datos, con sede en Palo Alto (California) e presenza no mercado a nivel mundial a través de 30 oficinas establecidas nos principais núcleos empresariais, con tres centros técnicos globais situados na India, na Unión Europea e nos EE.UU., contando cun equipo directivo distribuído xeograficamente por todo o mundo.
Achegándonos máis a esta empresa californiana, dicir que foi fundada polo seu director executivo (CEO), o galego Ángel Viña, en 1999. Denodo xurdiu a partir de proxectos de investigación desenvoltos na Universidad Politécnica de Madrid e na Universidade de A Coruña (UDC). A investigación, dirixida por Viña
exploraba o uso de tecnoloxías de acceso e integración de datos en tempo real para acelerar o tempo de uso dos datos en complexos sistemas de datos distribuídos. O obxectivo era acelerar o proceso de recompilación e entrega de datos mediante a unificación semántica das fontes de datos que interveñen nun ecosistema informático distribuído típico.
Viña recoñeceu axiña que os métodos tradicionais de integración de datos tiñan limitacións para abordar en tempo real a entrega de conxuntos de datos desde unha infraestrutura de datos en continuo crecemento, no que se refire a número de fontes de datos, diversidade de tecnoloxías de datos e volumes de consumo de datos.
En resumo, Denodo Platform emprega a virtualización de datos, un enfoque de integración de datos que permite aos usuarios integrar datos sen replicalos, tendo arestora máis de 700 clientes de 35 sectores diferentes.
Alberto Pan, CTO da compañía, recollerá o galardón na XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galician nun evento que serve de eixo de unión entre as colexiadas e colexiados do CPEIG e un gran número de empresas e profesionais TIC de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?