Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Teimas lanza Zero Spring Release 2024, a versión mellorada do seu software de control de residuos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Teimas lanza Zero Spring Release 2024, a versión mellorada do seu software de control de residuos

S. P.
Publicado: 21/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

imagen-teimas-zero-spring-release-2024.jpgA empresa galega Teimas, especializada no desenvolvemento de solucións tecnolóxicas para a xestión profesional de residuos e a economía circular, vén de lanzar Zero Spring Release 2024, unha nova versión do seu software Zero co que as grandes empresas melloran a xestión dos seus residuos.
“Con Zero Spring Release 2024”, explican fontes da firma galega, “as corporacións poden, entre outras cousas, cumprir coas actuais normativas de sustentabilidade ambiental, incluír información correspondente aos residuos que entran na empresa e, ademais, xestionar toda a documentación legal de residuos en toda a Península Ibérica (España e Portugal)”.
Sen dúbida entre os puntos máis destacados atópase a posibilidade que teñen as grandes compañías de incluír información correspondente aos residuos que entran no seu seo. “Esta novidade resulta de especial interese para aquelas compañías que queren incorporar os residuos nos seus procesos produtivos”, explica Cristina Vázquez, directora executiva (CEO) de Teimas, quen, a modo de exemplo, indica que “unha corporación que produce carburantes e pensa producir biodiesel, agora pode rexistrar en Zero os aceites residuais que recibe e que son materia prima esencial na produción deste combustible”.
Zero Spring Release 2024 é compatible con outras plataformas e arquivos o que facilita que as empresas dispoñan, nun único lugar, de toda a información sobre a xestión dos seus residuos. Isto, á súa vez, “permite a consulta histórica de datos e a creación de informes”, destacan tamén dende Teimas, salientando ademais que a plataforma pon o foco no control dos movementos dos residuos xerados, o que posibilita certificar a súa rastrexabilidade.
Outra das vantaxes que ofrece Teimas ás grandes compañías é que Zero está adaptado ao mercado portugués, polo que as empresas internacionais que operan no país poden cumprir coas normativas da Axencia Portuguesa do Ambiente (APA). Así, explican, as empresas que trasladan residuos en Portugal e operan con Zero, poden emitir a eGAR (Guía Eletronica de Acompanhamento de Resíduos), documento electrónico que acompaña a todos os traslados de residuos (RP e RNP) e, grazas a esta nova actualización, tamén poderán xestionar a presentación do MIRR (Mapa Integrado de Rexistro de Residuos), documento que esixe o Goberno para rexistrar todos os residuos xerados no país, o seu tratamento e quen é as empresas implicadas na súa xestión ao longo dun ano natural.
Así, Zero posibilita a xestión de documentación legal de residuos en toda a Península a través das plataformas electrónicas gobernamentais, as plataformas autonómicas, a plataforma ministerial E-sir (España) e a plataforma Siliamb (Portugal).
Actualmente, Teimas traballa con máis de 990 instalacións xestoras de residuos, máis de 20.000 puntos de produción de residuos, e, o software Zero, é utilizado por máis de 30 multinacionais de sectores tan diversos como téxtil, alimentación, enerxía ou combustibles.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?