Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A IA Xenerativa e as súas posibilidades profesionais centran un novo curso en Vitae en xuño
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A IA Xenerativa e as súas posibilidades profesionais centran un novo curso en Vitae en xuño

S. P.
Publicado: 21/05/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

vitae_xenerativa_2.jpgA Intelixencia Artificial Xenerativa e as súas posibilidades profesionais e empresariais van centrar un novo curso da consultora galega Vitae, a celebrar este mes de xuño: os días 17, 19, 20 e 25. Será un curso de 12 horas de duración no que se botará luz en como tirar o máximo proveito da IA Xenerativa ou IA Gen.
En palabras de Vitae, este curso está deseñado para proporcionar as habilidades e coñecementos necesarios con vistas a aproveitar ao máximo as capacidades da IA Gen, elevando así o seu rendemento profesional. Porase o foco nun dos aspectos máis destacados da IA Gen: a súa capacidade para xerar texto. “Coa axuda da Intelixencia Artificial”, sinala Vitae, “tarefas como a redacción de informes, correos electrónicos ou presentacións pódense realizar de maneira máis rápida e precisa, mellorando a claridade e efectividade das comunicacións internas e externas”. Do mesmo xeito, os responsables de mercadotecnia poden beneficiarse destas ferramentas “ao optimizar as descricións, etiquetas e títulos en redes sociais, o que incrementa o alcance e a interacción co público obxectivo”.
vitae_ia_xenerativa.jpg Para Vitae, as ferramentas de IA non só aforran tempo, senón que tamén aseguran que o contido sexa coherente e atractivo. Así, no sector de recursos humanos, a IA Gen pode ofrecer solucións complementarias que faciliten a mellora de currículos, a redacción de cartas de presentación ou a preparación para entrevistas. Ademais, a creación de perfís profesionais adaptados a diferentes roles vólvese unha tarefa máis eficiente e, de feito, a IA pode analizar grandes cantidades de datos para identificar as habilidades e experiencias máis relevantes, axudando a seleccionar e desenvolver talento de maneira máis efectiva.
En última instancia permítese aos responsables de contratación tomar decisións máis informadas e precisas, optimizando o proceso de selección.
No ámbito da programación, a IA preséntase como “unha ferramenta ideal para os desenvolvedores, xa sexa que estean a aprender novas linguaxes de programación ou necesiten xerar código decontado, a IA pode asistir nestes procesos, facilitando a aprendizaxe e mellorando a eficiencia no desenvolvemento de software”.
Os exemplos prácticos que se presentarán no curso mostrarán como estas ferramentas poden integrarse no fluxo de traballo dos desenvolvedores, permitíndolles enfocarse en tarefas máis complexas e creativas.
ia_xenerativa_vitae_instagram29.jpg Ademais da xeración de texto, a IA Gen tamén conta con aplicacións na creación de imaxes. Os profesionais de finanzas e administración poden utilizar a IA para elaborar informes e presentacións visualmente atractivos, mellorando a comunicación de datos e resultados.
O curso tamén abordará a xeración de contido audiovisual, unha ferramenta cada vez máis importante en mercadotecnia e comunicación.
Os profesionais do sector aprenderán a crear vídeos promocionais de alta calidade utilizando ferramentas de IA. “A capacidade de producir contido audiovisual é crucial para captar a atención do público e comunicar eficazmente o valor dunha marca”, explica Vitae, poñendo o foco na potencialidade do curso para explorar casos de uso prácticos da IA, integrando ferramentas como ChatGPT 4.0 e GEMINI en diversas contornas laborais”. Estes exemplos demostrarán como a IA pode ser aplicada en situacións reais, proporcionando solucións efectivas e mellorando significativamente a produtividade e eficiencia en diferentes áreas de traballo.
Ademais, este curso proporciona unha guía práctica sobre como estas tecnoloxías poden ser aplicadas para optimizar o traballo diario de profesionais de calquera ámbito. Ao finalizar, os participantes estarán equipados coas ferramentas e coñecementos necesarios para transformar a súa maneira de traballar, aproveitando ao máximo o potencial da IA.
O curso, que se achegará en formato de aula virtual con clases en directo e acceso ás sesións gravadas para a súa consulta, será impartido por Hugo Ramallo, especialista en Intelixencia Artificial e transformación dixital e experto na integración e capacitación en IA aplicada á educación e a contorna empresarial. No ámbito académico, conta con múltiples certificacións en IA e aprendizaxe automática de institucións como IBM, Stanford e Google. Dispón dun curso de experto universitario en Intelixencia Artificial e Big Data e un Máster en IA e Innovación.
Actualmente é director executivo (CEO) e co-fundador de GlobalCobots, unha empresa dedicada á formación e a integración de IA en centros educativos. Ademais, é membro do departamento de educación en OdiseIA, un observatorio sobre o impacto social e ético da IA. Hugo ten unha ampla experiencia en xestión, sendo director xeral para España e EMEA en CTL, onde liderou o crecemento da compañía na rexión. Tamén traballou como consultor de negocios e tecnoloxía, desenvolvendo aplicacións personalizadas e plans estratéxicos para diversas empresas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?