Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As tecnoloxías, protagonistas dos novos proxectos do coworking boirense Lab Barbanza
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As tecnoloxías, protagonistas dos novos proxectos do coworking boirense Lab Barbanza

S. P.
Publicado: 22/05/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

boiro_lab_barbanza_visita_coworking01.jpgO alcalde de Boiro, José Ramón Romero, visitou este 22 de maio pola mañá o Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira para coñecer aos novos coworkers instalados no Lab Barbanza.
Entre estas novas empresas, moi comprometidas coa tecnoloxía, destacan unha nova firma innovadora orientada a mellorar os procesos industriais e de cultivo: mediante un sistema de captura de datos conseguen ofrecer solucións innovadoras que permiten integrar a perspectiva sostible optimizando prácticas no agro, na xestión dos recursos hídricos e a conservación de ecosistemas mariños.
Outra das iniciativas vai levar a cabo un proxecto que busca aproveitar as algas que chegan á nosa costa e transformalas para ser utilizadas como, por exemplo, fertilizantes. Trátase dun proxecto empresarial de economía circular que busca un uso do argazo que se retira da praia.
A terceira das novas empresas que xa desenvolve a súa actividade no Lab Barbanza busca optimizar a mercadotecnia analóxica (o marketing off-line) a través da utilización creativa de fachadas, baixos e elementos urbanos como soportes publicitarios.
O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, deu ás e aos responsables destes proxectos a benvida ao espazo e animounas/os a que aproveiten a oportunidade de poder desenvolver a súa actividade empresarial no centro: “A xeración de emprego é un dos piares fundamentais deste Goberno pois consideramos que o crecemento económico dun municipio vén de man das empresas, por iso apostamos pola formación, o emprego e o emprendemento, tres aspectos que se materializan neste centro”.
Estas empresas súmanse a outras que xa viñan desenvolvendo a súa actividade no Lab Barbanza, un espazo coworking que forma parte da Rede de Espazos de Traballo da Deputación da Coruña. As solicitudes para formar parte do espazo están abertas e poden facerse presentando a correspondente solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Boiro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?