Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Silva García Méndez (atlanTTic) abordará este xoves as novas tendencias da IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Silva García Méndez (atlanTTic) abordará este xoves as novas tendencias da IA

S. P.
Publicado: 22/05/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

silvia_garcia.jpgA Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra, ao abeiro da quinta edición do Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos, dirixido a espertar o interese do gran público sobre temas de actualidade científica con repercusión social, celebra este xoves 23 de maio unha nova sesión (ás 19:00 horas) centrada nas aplicacións da Intelixencia Artificial para o Procesamento da Linguaxe Natural. Silvia García Méndez, investigadora do Grupo de Tecnoloxías da Información atlanTTic da Universidade de Vigo abordará as novas tendencias e desafíos actuais que presenta a IA. Poderá seguirse en liña (a ligazón obtense unha vez que nos rexistremos na web da Deputación).
“A IA está cada vez máis presente na nosa vida cotiá, máis aínda coa revolución que supoñen as solucións de procesamento da linguaxe natural baseadas en modelos masivos de linguaxe como ChatGPT. En relación a estas solucións de Procesamento da Linguaxe Natural, moi demandadas na actualidade, cómpre distinguir o que suporía un futuro aumentado pola IA, é dicir, no que existen solucións intelixentes que colaboran cos operadores humanos, e outro gobernado por unha IA autónoma. Estes paradigmas espertan o debate sobre a adecuación dos modelos e a súa transparencia”.
A experta tratará de resolver dúbidas como se estes sistemas teñen ou non capacidades dedutiva. Na súa intervención, a investigadora tratará de clarexar cuestións como se realmente entendemos como funcionan estes sistemas, se teñen ou non capacidades dedutivas, que novas tendencias e aplicacións están por chegar ou cales son os principais retos aos que nos enfrontamos neste eido. En relación aos retos que presenta a IA, Silvia García destaca a dificultade na recolección dos datos debido á sensibilidade e confidencialidade da información, ás limitacións no manexo de información de contexto e a memoria destes sistemas, así como o reto da multi-tarefa.
No transcurso da charla, trataranse temas relevantes coma a necesidade de que os usuarios e usuarias finais comprendan a toma de decisións da Intelixencia Artificial, as chamadas interpretabilidade e explicabilidade, así como a cooperación humano-máquina, coñecida popularmente como aprendizaxe de reforzo a partir da retroalimentación humana, entre outros conceptos en auxe neste paradigma tecnolóxico renovado.
A investigadora de attlanTTic analizará casos reais de uso destes sistemas en ámbitos coma a medicina, xa que serán de grande utilidade para o diagnóstico temperá de doenzas, a partir da información contida no historial clínico, o que permitirá ademais avanzar cara a unha atención personalizada dos pacientes. No eido da industria, nas factorías do futuro contarase con asistentes intelixentes, con relevantes aplicacións na formación de persoal novel, así como na resolución de problemas e incidencias de xeito áxil. No eido da educación, a investigadora adianta que a IA contribuirá á creación dun contorno de aprendizaxe flexible que se adaptará á formación previa, ademais da creación de avatares (representacións xeradas por ordenador que simulan a un ser humano- en diferentes linguas, entre outras posibilidades).
A inscrición para participar de balde en todas as conferencias deste ciclo debe realizarse a través da web da Deputación de Pontevedra. As persoas participantes poderán solicitar un certificado de asistencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?