Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CiTIUS recibirá o Premio Especial CPEIG polo seu liderado na organización da ECAI 2024
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CiTIUS recibirá o Premio Especial CPEIG polo seu liderado na organización da ECAI 2024

S. P.
Publicado: 22/05/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

imaxe_do_video_corporativo_do_centro_citius_-_tecnoloxias_intelixentes_en_cada_paso_.jpgO 21 de xuño terá lugar a gala da XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia 2024, no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago, na que o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) concederá o seu Premio Especial CPEIG ao Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela (CiTIUS) pola organización da ECAI 2024 (European Conference on Artificial Intelligence), un dos eventos máis importantes do mundo en Intelixencia Artificial que se celebrará en Santiago de Compostela do 19 ao 23 de outubro de 2024. Será o director científico do CiTIUS, Senén Barro Ameneiro, quen recollerá o galardón na Noite da Enxeñaría Informática.
Pola súa banda o CiTIUS espalla a Intelixencia Artificial de Galicia ao conxunto do Estado e a Europa con eventos de primeira liña mundial, como o ECAI 2024-27 Congreso Europeo de Intelixencia Artificial, ou liderando outros proxectos internacionais de alto impacto para mellorar a sociedade a través das tecnoloxías intelixentes.
Achegándonos ao CiTIUS, cómpre dicir que é o centro de investigación de referencia no eido da IA en Galicia, e un dos poucos especializados neste ámbito a nivel estatal. Pertence á Rede de Centros Singulares de Investigación da USC e forma parte da Rede CIGUS, que integra aos Centros de Investigación de excelencia acreditados na actualidade pola Xunta de Galicia.
citius_edificio-52de1.jpg Engadir que o CiTIUS participa en nove proxectos europeos, liderando algúns tan importantes como HYBRIDS, unha iniciativa paneuropea para a detección de desinformación, discursos de odio e novas falsas en Internet; NL4XAI, un proxecto que achega as máquinas tecnoloxías de linguaxe natural para que poidan explicar o fundamento das súas decisións; e MENELAOS_NT, un consorcio internacional que busca aplicar tecnoloxías intelixentes para integrar de xeito óptimo datos de sensores de diferentes tipos, tanto a nivel macro como microscópico, co obxectivo de explorar o medio ambiente de maneira multimodal.
Alén disto, o CiTIUS é o único centro de investigación en España que lidera dúas cátedras universidade-empresa concedidas polo Estado no presente ano: CAMELIA, un proxecto en colaboración coa empresa Plexus Tech, centrado no ámbito da Intelixencia Artificial aplicada á medicina personalizada de precisión; e a Cátedra Chip Televés-USC, enfocada no eido do deseño microelectrónico. Tamén lidera conxuntamente co Instituto da Lingua Galega (ILG) o Proxecto Nós, que ten como obxectivo desenvolver os recursos tecnolóxicos que sitúen ao galego na sociedade e na economía da IA, como acontece xa con desenvolvementos como o primeiro tradutor neuronal libre ao galego a partir do castelán, inglés, catalán e éuscara. Asemade, Nós forma parte do Proxecto ILENIA, financiado polo PERTE Nova economía da lingua, para impulsar de xeito cooperativo as tecnoloxías lingüísticas nas linguas do Estado, e da estratexia española para o desenvolvemento de modelos fundacionais, que hoxe son a vangarda da IA.
Desde a súa fundación en 2012, o CiTIUS alumeou a creación de catro compañías de base tecnolóxica, xurdidas como spin-offs da investigación do centro: Cilenis, Imagames, InVerbis, e Situm Technologies, líder mundial en tecnoloxías de posicionamento global en interiores.
O centro está formado por un equipo de máis de 150 persoas (31 delas investigadoras senior) e contou cun orzamento de máis de 11 millóns de euros nos últimos 3 anos (2021-2023), salientando os proxectos europeos (21%) e contratos de transferencia (20%). A actividade investigadora do CiTIUS organízase arredor de catro ámbitos científicos: Dispositivos e computación verde e intelixente, fundamentos da Intelixencia Artificial, tecnoloxías intelixentes e marco Ético, Legal, Social, Económico e Cultural (ELSEC).
Para máis información sobre o CiTIUS pódese ver o vídeo corporativo do centro: CiTIUS-Tecnoloxías Intelixentes en cada paso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?