Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Fernando Suárez (CPEIG) e Carlos Gómez (CITIC) estarán na nova edición especial de SinFiltro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Fernando Suárez (CPEIG) e Carlos Gómez (CITIC) estarán na nova edición especial de SinFiltro

S. P.
Publicado: 23/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sinfiltro.jpgComezou a conta atrás para a seguinte edición das charlas informais de tecnoloxía SinFiltro, a desenvolver este 5 de xuño na sede de AFundación da Coruña baixo o epígrafe Cara ao futuro e máis aló, impulsada novamente polo experto en nova comunicación Marcelo Castelo. Entre outros, participarán o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez, e máis Carlos Gómez Rodríguez, investigador principal do Centro de Investigación TIC da UDC (CITIC), mostrando este último como como funcionan realmente os grandes modelos de linguaxe baseado en Intelixencia Artificial (como ChatGPT) e desvelando a súa capacidade real de entendemento.
Organizada pola Obra Social Abanca, Afundación, a cita centrará o seu programa nesta ocasión en modelos disruptivos da linguaxe humana que nos ofrece a IA. Ademais do relatorio de Carlos Gómez, o programa inclúe tamén unha mesa redonda na que participarán o propio investigador do CITIC; o CIO de EVO Banco, Rubén Andrés; o CIO de Teladoc Health, Jordi Parera e o CIO de Mobile World Capital, Eduard Martín Lineros.
tourinan_blanco_sinfiltro_5junio2024__maxwidth-42358.jpgAsí mesmo, presentarase o barómetro Estado emocional do tecnólogo en España de man do presidente do Consello Superior de Enxeñeiros Informáticos de España (CCII) e presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez; e do director xeneral de CIE, Alberto García.
No próximo encontro do 5 de xuño, o condutor do evento creado para achegar de forma amena o impacto da IA nas nosas vidas, Marcelo Castelo, aproximarase, a través de diferentes voces, á contorna do ChatGPT.
SinFiltro Cara ao futuro e máis aló ten unha vocación social e a cantidade recadada coas entradas (cuxo custo é de 3€) será doada integramente ao programa Cultura por Alimentos impulsado por Afundación, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, para incrementar os recursos do Banco de Alimentos Rías Altas.
Como peche do acto, Marcelo Castelo terá un dos seus habituais faladoiros “vándalos” cos humoristas Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán, que repite a súa experiencia en SinFiltro.
Máis información e entradas na web de Afundación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?